Amosando publicacións coa etiqueta actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de xuño de 2020

FARO DA ESCOLA



Xa dispoñemos na biblio de exemplares do Faro da Escola deste curso no que participa o noso alumnado de 4º de Educación Primaria, un único Faro da Escola para todos os colexios de Vigo, xa que pola crise do Covid non puidemos rematar os traballos e entregalos como é debido, así que optouse por publicar unha pequenísima parte das vosas tarefas na casa e insisto no de pequenísima, porque nunha páxina do diario non se pode reflectir todo o voso esforzo e ilusión. Parabéns ao alumnado de 4º de Primaria!

mércores, 24 de xuño de 2020

FEIRA DO LIBRO

Moi boas! Mañá comeza a Feira do libro de Galicia! poderedes visitala dende o 25 de xuño ata o 4 de Xullo na rúa do Príncipe, botádelle un ollo a programación porque conta coa participación de importantes figuras da literatura infantil e xuvenil galega, autor@s de cabeceira da nosa biblio como poden ser Ledicia Costas, El Hematocrítico, Anxo Fariña, Elena Gallego, Antonio García Teijeiro ...
Tamén estará asinando a súa nova banda deseñada "A proba de Auga" Anémona de Río, autora do primeiro manga galego!



luns, 15 de xuño de 2020

CADERNOS DE ACTIVIDADES (MOLÓNS) PARA O VERÁN


Ola rapazada! Estamos a piques de rematar o curso e con máis ganas de vacacións de verán que nunca ¿non si?, nesta entrada vouvos deixar unhas recomendacións de libros e cadernos de actividades alternativos aos cadernos tradicionais de repaso, libros molóns e sobre todo moi divertidos! 

Para os máis cativos:
“El libro de los garabatos” de KóKINOS, un libro para fomentar a creatividade con propostas estimulantes para completar con debuxos, pinturas, collages...



“Juego y me conozco” é unha colección de contos creados pola recoñecida psicóloga e pedagoga francesa Isabelle Filliozat onde a través das súas actividades e propostas ademáis de pasar un rato boísimo coñecemos, identificamos e traballamos as nosas emocións.




A partir de 7 anos temos estas fermosuras “Cuentos a medias” da editora Tierra de Mu destinados  a  autor@s intrépid@s que axuden a rematar de escribir e ilustrar estes contos.



"Cuadernito de escritura divertida" de Blakie Little, Con propostas tan xeniais como as seguintes:
Saca o teu lápiz e imaxina: Que entrevistas a un piollo, o restaurante máis asqueroso do mundo, que eres o amigo dun robot, un examen no que estás obrigad@ a sacar un cero…


"No te aburras nunca más" un antídoto contra o aburrimento cheo de xogos, adiviñas, xeroglíficos... e "Crea tus propios cómics" ideal para @s que queren aprender a debuxar e escribir as súas propias historietas. Ambos da editorial Usborne.

 


Resulta que unha tal Aleksandra Mizielinska ten uns libros superchulos que son un Atlas do Mundo e un que se chama "Debaixo da terra, debaixo do auga" e resulta tamén que destes libros, que son uns tesouros de bonitos que son, pois sairon uns de actividades:

"Debajo de la tierra" Deseña unha mina de carbón, excava un túnel a través dunha montaña, completa un esqueleto de dinosauro ou visita unha cidade subterránea.

"Debajo del mar"⇨ Aprende a linguaxe dos buceadores, deseña un submarino, rescata un tesouro no fondo do mar e enfróntate aos tentáculos dun calamar colosal.




E para os menos cativos (3º ciclo en adiante) temos estas marabillas: "Laboratorio portátil de escritura"(TTT), "El mundo imaginario" de Keri Smith creadora de "Destroza este diario" (Paidós), "El  Collage de tu vida"(MTM), "Todo empieza aquí"(Plaza & Janés) e "Koob, el libro al revés"(Planeta). Diarios creativos, diarios para coñecernos mellor, libros para expresarnos a través de composicións e libros que presentan retos a nosa capacidade de imaxinar.


  

 




Saudiños lectores! 😚


  

venres, 15 de maio de 2020

CLUB DAS LERCHIÑAS

Cada sábado dende o 9 de maio ao 6 de xuño poderedes disfrutar dos contos de 6 contadoras dende os seus fogares aos nosos, porque a narración oral unida as novas tecnoloxías posúen esa maxia de non saber de tempo nin de espazo. Nesta marabillosa familia de lerchiñas temos nomes tan coñecidos e queridos coma:

María Lado & Lucía Aldao | 9 de maio (podedes velo na web)
Bea Campos | 16 de maio
Andrea Bayer | 23 de maio
Paula Carballeira | 30 de maio
Ledicia Costas | 6 de xuño

Mañá as 11:00 é a quenda da fantástica Bea Campos!

Aquí tedes a ligazón da web:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/club-das-lerchinas-sesion-de-contacontos-en-lina-para-familia

Saudiños lectores! :)

martes, 12 de maio de 2020

CONTA ATRÁS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

https://primaveradasletras.gal/

Nesta web da Real Academia Galega poderás atopar todo tipo de información sobre a vida e obra de Ricardo Carvallo Calero, o marabilloso filólogo e gran educador homenaxeado este ano.
Tes todo tipo de material interactivo, descargables e máis recursos, todo isto recollido nunha páxina ben xeitosa e cun formato moi molón.

martes, 9 de xuño de 2015

GENERACIÓN DEL 27

Madrugadores foron os alumnos de 4º ESO. Acompañados do seu profesor de lingua e literatura castelá, adentráronse sixilosamente na biblioteca e reafianzaron todo o estudiado na clase sobre a xeración do 27: Federico García Lorca, Pedro Salinas, Rafael Alberti, Miguel Hernández... Para refrescar os coñecementos, os rapaces viron un vídeo realizado por Antonio García Megía sobre a xeración de 1927.
Logo dunhas oportunas reflexións do profesor, os alumnos puideron ver e ler unha selección de libros expostos para a ocasión que tiñan como motivo central a xeración literaria do 27.
E mesmo algunha persoa se atreveu a recitar algún poema dos membros desta xeración. Grazas a todos pola vosa resposta entusiasta.

venres, 15 de maio de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (VI)

Venres 15 de maio de 2015. Xa só faltan dous días para as Letras Galegas. Hoxe alumnos de 3º e 4º de Primaria pasaron pola biblioteca para indagar máis sobre o autor homenaxeado. Participaron tamén coma os outros grupos no "Concurso do Día das Letras Galegas". Grazas pola vosa acollida.

xoves, 14 de maio de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (V)

Xa falta pouco. Quedan tres días para o 17 de maio. Esta mañá recibimos a visita de 2ºC e 2ºA de Primaria que non se puideron resistir ao ritmo de "Brinca Vai" e Paco Nogueiras. Logo puxéronse mans á obra para facer carteis commemorativos do Día das Letras.
Chegou, acto seguido, a visita de 1ºA, quen mostraron entusiasmo pola cantidade de cargos que desempeñou Filgueira Valverde ao longo da súa vida. No momento da súa entrada na biblioteca, os rapaces de 1ºA coa súa profesora Pilar agasalláronnos cos seus debuxos coloreados sobre a figura do homenaxeado.
Para dar remate a esta intensa mañá, os alumnos de 1º ESO, coa súa profesora Susana escenificaron na biblioteca o conto dos Bolechas titulado "A Reconquista de Vigo" e puideron ver o vídeo promocional do galego Se eu podo, ti tamén podes, realizado polo Equipo de Dinamización Lingüística.

luns, 11 de maio de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (I)

Alumnos de 5ºC e 5ºA visitaron a biblioteca con motivo da Semana das Letras Galegas. Logo de veren un breve vídeo explicativo sobre a figura de Filgueira Valverde, en cada clase se formaron catro grupos. Cada un dos grupos tiña que buscar busca-las respostas a una serie de preguntas relacionadas co Día das Letras Galegas. Para levar a cabo esta proba tiñan un tempo limitado e podía utilizar como fontes de información una colección de libros dispostos para a ocasión. O único material que non podían empregar era o ordenador.
FELIZ SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!

xoves, 7 de maio de 2015

O MEU LIBRO FAVORITO

Con motivo do Día do Libro, os alumnos de Primaria escolleron os seus libros favoritos.

Unha vez feito o reconto de votos emitidos, os libros favoritos dos nosos escolares son por esta orde:

EN CASTELÁN:

1ºJeff Kinney: Diario de Greg (37 votos)

2º Miguel de Cervantes: Don Quijote de la Mancha (25 votos)

3º Colección de libros de Gerónimo Stilton (24 votos)

4º Rachel Renée Russell: Diario de Nikki (19 votos)

5º Knister: Kika Superbruja (15 votos)

6º Colección "Tea Stilton" (14 votos)

7º Rubius: "El libro troll" (11 votos)

8º Mortadelo y Filemón (11 votos)

9º Bat Pat (4 votos)

EN GALEGO:

1ºPepe Carreiro: Os Bolechas (17 votos)

2º Marcopola (5 votos)

EN INGLÉS

1º Barbara Park: Junie B. Jones (3 votos)

2ºLouis Sachar: There´s a boy in the girls' bathroom (1 voto)