Amosando publicacións coa etiqueta avisos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta avisos. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de setembro de 2020

EN BREVE ... ARRINCAMOS!

Moi boas! 

Sodes moit@s @s que estades desexando voltar a biblio a polos vosos contos favoritos, @s que estades desacougad@s por non ter o buraco no carné, ou @s que queredes ver as novidades para o novo curso.

Este ano arrincamos os servizos da biblio un pouquiño máis tarde (outubro) xa que temos que traballar na seguridade nas aulas e nos procedementos e idear súper-actividades acordes coa nova situación, namentres vos deixo outro petisco de novidades.

Os catro exemplares de arriba son para lectores a partir de 10 anos, gomet verde 💚, e os cinco de abaixo son para 8 anos, gomet vermello 👹.

Polo de agora ... vémonos nos corredores e nas aulas! 😘

luns, 7 de setembro de 2020

RESPONSABILIDADE E CONFIANZA

Conta atrás rapazada! Este xoves xa comezades algúns de vos a incorporarvos ás aulas!

Dende a biblio estamos a traballar para que a vosa volta sexa segura e tranquila, porque a cultura segue, e nós seguimos adiante cumprindo coas medidas  dos protocolos oficiais marcados polas autoridades educativas e sanitarias.


Saudiños lectores!😗

martes, 30 de xuño de 2020

FARO DA ESCOLA



Xa dispoñemos na biblio de exemplares do Faro da Escola deste curso no que participa o noso alumnado de 4º de Educación Primaria, un único Faro da Escola para todos os colexios de Vigo, xa que pola crise do Covid non puidemos rematar os traballos e entregalos como é debido, así que optouse por publicar unha pequenísima parte das vosas tarefas na casa e insisto no de pequenísima, porque nunha páxina do diario non se pode reflectir todo o voso esforzo e ilusión. Parabéns ao alumnado de 4º de Primaria!

mércores, 24 de xuño de 2020

FEIRA DO LIBRO

Moi boas! Mañá comeza a Feira do libro de Galicia! poderedes visitala dende o 25 de xuño ata o 4 de Xullo na rúa do Príncipe, botádelle un ollo a programación porque conta coa participación de importantes figuras da literatura infantil e xuvenil galega, autor@s de cabeceira da nosa biblio como poden ser Ledicia Costas, El Hematocrítico, Anxo Fariña, Elena Gallego, Antonio García Teijeiro ...
Tamén estará asinando a súa nova banda deseñada "A proba de Auga" Anémona de Río, autora do primeiro manga galego!



venres, 19 de xuño de 2020

FIN DO CURSO! 💪🎓🎇

Parabéns amiguiñ@s! Curso superado! Non foi doada esta situación pero vencémola (ou case) xunto coa axuda e o infinito amor das vosas familias e o  esforzo e o apoio  d@s nos@s querid@s mestr@s! E agora que? Pois agora temos por diante un fermoso verán para surfear!


Tende un libro amigo que vos acompañe nesta nova aventura estival que comeza, e se o queredes compartir facendo un video, mandando un debuxo do voso paisaxe vacacional, enviando algunha foto ou calquera cousa que se vos ocurra para compartir no blog ... nin o dubidedes! Podédelo enviar a bibliomaristasvigo@gmail.com e publicoo no blog chea de orgullo!

Deséxovos que gocedes do verán con ilusión, moitas gañas e un pouquiño de cautela tamén!
Saudiños, bicos e achuchóns lectores e virtuais! 😚


luns, 25 de maio de 2020

NOVOS CÓMICS NA BIBLIO! 💥💬✨💭💣


Bo día rapazada! estou tan contenta de poder ensinarvos o novo material da biblio! Unha manchea de cómics de superheroes e superheroinas para todas as idades! Non sei se algún poderá esperar ao comezo do novo curso...
E as novidades so están a comezar, seguide antent@s ao blog!

Saudiños lectores! 😄 

venres, 15 de maio de 2020

CLUB DAS LERCHIÑAS

Cada sábado dende o 9 de maio ao 6 de xuño poderedes disfrutar dos contos de 6 contadoras dende os seus fogares aos nosos, porque a narración oral unida as novas tecnoloxías posúen esa maxia de non saber de tempo nin de espazo. Nesta marabillosa familia de lerchiñas temos nomes tan coñecidos e queridos coma:

María Lado & Lucía Aldao | 9 de maio (podedes velo na web)
Bea Campos | 16 de maio
Andrea Bayer | 23 de maio
Paula Carballeira | 30 de maio
Ledicia Costas | 6 de xuño

Mañá as 11:00 é a quenda da fantástica Bea Campos!

Aquí tedes a ligazón da web:
https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/club-das-lerchinas-sesion-de-contacontos-en-lina-para-familia

Saudiños lectores! :)

mércores, 13 de maio de 2020

ESTAMOS DE VOLTA!


Ola queridxs lectorxs! Arrincamos de novo este blog con moitas ganas e máis ilusión que nunca preto desta data tan especial e máxica que é o noso Día das Letras Galegas.

Ainda que a  biblio esta pechada nestes días incertos, os libros e os contos poden ser a mellor das compañías e por iso a través deste blog poderemos comunicarnos e poñernos ao día, así que non dubidedes en participar facendo os comentarios e peticións que se vos ocorran nas publicacións.
Non vos perdades ningunha publicación para estar ao tanto das novidades da biblio, recursos online que vos poidan interesar, consellos e orientacións lectoras, celebracións de datas especiais e moitísimas sorpresas máis.

Saudiños lectores! 😊

luns, 1 de xuño de 2015

HORARIO DA BIBLIOTECA NO MES DE XUÑO

O Mouchiño quere darvos ánimos para afrontar estas últimas semanas de curso. Ánimos rapaces e rapazas! Asemade, O Mouchiño quere tamén informarvos do horario da biblioteca escolar durante este mes de xuño.

HORARIO BIBLIOTECA ESCOLAR - MES DE XUÑO

Luns - Venres: 09.00 - 13.30

A Biblioteca escolar estará aberta ata o 15 de xuño. A partir desa data estará pechada deica o curso que vén.