martes, 30 de xuño de 2020

FARO DA ESCOLA



Xa dispoñemos na biblio de exemplares do Faro da Escola deste curso no que participa o noso alumnado de 4º de Educación Primaria, un único Faro da Escola para todos os colexios de Vigo, xa que pola crise do Covid non puidemos rematar os traballos e entregalos como é debido, así que optouse por publicar unha pequenísima parte das vosas tarefas na casa e insisto no de pequenísima, porque nunha páxina do diario non se pode reflectir todo o voso esforzo e ilusión. Parabéns ao alumnado de 4º de Primaria!

mércores, 24 de xuño de 2020

FEIRA DO LIBRO

Moi boas! Mañá comeza a Feira do libro de Galicia! poderedes visitala dende o 25 de xuño ata o 4 de Xullo na rúa do Príncipe, botádelle un ollo a programación porque conta coa participación de importantes figuras da literatura infantil e xuvenil galega, autor@s de cabeceira da nosa biblio como poden ser Ledicia Costas, El Hematocrítico, Anxo Fariña, Elena Gallego, Antonio García Teijeiro ...
Tamén estará asinando a súa nova banda deseñada "A proba de Auga" Anémona de Río, autora do primeiro manga galego!



venres, 19 de xuño de 2020

FIN DO CURSO! 💪🎓🎇

Parabéns amiguiñ@s! Curso superado! Non foi doada esta situación pero vencémola (ou case) xunto coa axuda e o infinito amor das vosas familias e o  esforzo e o apoio  d@s nos@s querid@s mestr@s! E agora que? Pois agora temos por diante un fermoso verán para surfear!


Tende un libro amigo que vos acompañe nesta nova aventura estival que comeza, e se o queredes compartir facendo un video, mandando un debuxo do voso paisaxe vacacional, enviando algunha foto ou calquera cousa que se vos ocurra para compartir no blog ... nin o dubidedes! Podédelo enviar a bibliomaristasvigo@gmail.com e publicoo no blog chea de orgullo!

Deséxovos que gocedes do verán con ilusión, moitas gañas e un pouquiño de cautela tamén!
Saudiños, bicos e achuchóns lectores e virtuais! 😚


luns, 15 de xuño de 2020

CADERNOS DE ACTIVIDADES (MOLÓNS) PARA O VERÁN


Ola rapazada! Estamos a piques de rematar o curso e con máis ganas de vacacións de verán que nunca ¿non si?, nesta entrada vouvos deixar unhas recomendacións de libros e cadernos de actividades alternativos aos cadernos tradicionais de repaso, libros molóns e sobre todo moi divertidos! 

Para os máis cativos:
“El libro de los garabatos” de KóKINOS, un libro para fomentar a creatividade con propostas estimulantes para completar con debuxos, pinturas, collages...



“Juego y me conozco” é unha colección de contos creados pola recoñecida psicóloga e pedagoga francesa Isabelle Filliozat onde a través das súas actividades e propostas ademáis de pasar un rato boísimo coñecemos, identificamos e traballamos as nosas emocións.




A partir de 7 anos temos estas fermosuras “Cuentos a medias” da editora Tierra de Mu destinados  a  autor@s intrépid@s que axuden a rematar de escribir e ilustrar estes contos.



"Cuadernito de escritura divertida" de Blakie Little, Con propostas tan xeniais como as seguintes:
Saca o teu lápiz e imaxina: Que entrevistas a un piollo, o restaurante máis asqueroso do mundo, que eres o amigo dun robot, un examen no que estás obrigad@ a sacar un cero…


"No te aburras nunca más" un antídoto contra o aburrimento cheo de xogos, adiviñas, xeroglíficos... e "Crea tus propios cómics" ideal para @s que queren aprender a debuxar e escribir as súas propias historietas. Ambos da editorial Usborne.

 


Resulta que unha tal Aleksandra Mizielinska ten uns libros superchulos que son un Atlas do Mundo e un que se chama "Debaixo da terra, debaixo do auga" e resulta tamén que destes libros, que son uns tesouros de bonitos que son, pois sairon uns de actividades:

"Debajo de la tierra"⇨ Deseña unha mina de carbón, excava un túnel a través dunha montaña, completa un esqueleto de dinosauro ou visita unha cidade subterránea.

"Debajo del mar"⇨ Aprende a linguaxe dos buceadores, deseña un submarino, rescata un tesouro no fondo do mar e enfróntate aos tentáculos dun calamar colosal.




E para os menos cativos (3º ciclo en adiante) temos estas marabillas: "Laboratorio portátil de escritura"(TTT), "El mundo imaginario" de Keri Smith creadora de "Destroza este diario" (Paidós), "El  Collage de tu vida"(MTM), "Todo empieza aquí"(Plaza & Janés) e "Koob, el libro al revés"(Planeta). Diarios creativos, diarios para coñecernos mellor, libros para expresarnos a través de composicións e libros que presentan retos a nosa capacidade de imaxinar.


  

 




Saudiños lectores! 😚


  

xoves, 11 de xuño de 2020

O SUPERPODER MÁIS IMPORTANTE

O aclamado historietista galego David Rubín creou este pequeno cómic (unha historia de Superman, Krypto e a túa veciña) un agasallo ambientado nestes estraños momentos que estamos a vivir. Unha homenaxe e unha reflexión moi necesarias.

Podedes lelo facendo click na imaxe e se tedes sorte conseguilo de balde nalgunha tenda de cómics ou librería. Que o gocedes!


martes, 9 de xuño de 2020

AMAR E FICHAS DE ACTIVIDADES


Bo día pequen@s grandes lector@s! Hoxe tráiovos un libro excepcional por xentileza da editorial Palabras Aladas, responsable do  fabuloso Emocionario, e nesta mesma liña teñen o libro ilustrado AMAR que describe dun modo sinxelo corenta actitudes, valores e comportamentos que enchen de contido a verba AMAR.

Facede click na imaxe para descargar o libro e no texto de abaixo para descargar as fichas de actividades sobre o libro.




luns, 1 de xuño de 2020

PREMIOS ÓS MÁIS LECTORES 🏆


Comeza Xuño e case remata o curso, un remate distanciado polas circunstancias “coronavíricas” nas que nos atopamos pero... estas circunstancias non nos van a impedir seguir comunicándonos, lendo e festexando, así pois,  aí van as finalistas e as premiadas como clase máis lectora e alumna máis lectora do curso.

CURSOS MÁIS LECTORES:
1º → 1ºC de Primaria  (284 libros prestados)
2º → 2ºB de Primaria  (273 libros prestados)
3º → 1ºB de Primaria  (266 libros prestados)

ALUMN@S MÁIS  LECTOR@S:
1º → Mía Barca Jaso de 1ºC de Primaria (89 libros prestados)
2º → Hugo Pereira Gómez de 1ºB de Primaria (68 libros prestados)
3º → Sofía Bouzas Bobos de 2ºC de Primaria (42 libros prestados)

(Datos fornecidos pola aplicación de bibliotecas escolares Abies para o curso 2019-2020)

Parabéns aos premiados e aos finalistas! Seguide lendo así de ben xa que os premios que levaredes son moito máis importantes e gratificantes que os que nós vos poidamos ofrecer e,  polo momento, aquí tendes os vosos merecidísimos diplomas acreditativos!