luns, 15 de xuño de 2020

CADERNOS DE ACTIVIDADES (MOLÓNS) PARA O VERÁN


Ola rapazada! Estamos a piques de rematar o curso e con máis ganas de vacacións de verán que nunca ¿non si?, nesta entrada vouvos deixar unhas recomendacións de libros e cadernos de actividades alternativos aos cadernos tradicionais de repaso, libros molóns e sobre todo moi divertidos! 

Para os máis cativos:
“El libro de los garabatos” de KóKINOS, un libro para fomentar a creatividade con propostas estimulantes para completar con debuxos, pinturas, collages...



“Juego y me conozco” é unha colección de contos creados pola recoñecida psicóloga e pedagoga francesa Isabelle Filliozat onde a través das súas actividades e propostas ademáis de pasar un rato boísimo coñecemos, identificamos e traballamos as nosas emocións.




A partir de 7 anos temos estas fermosuras “Cuentos a medias” da editora Tierra de Mu destinados  a  autor@s intrépid@s que axuden a rematar de escribir e ilustrar estes contos.



"Cuadernito de escritura divertida" de Blakie Little, Con propostas tan xeniais como as seguintes:
Saca o teu lápiz e imaxina: Que entrevistas a un piollo, o restaurante máis asqueroso do mundo, que eres o amigo dun robot, un examen no que estás obrigad@ a sacar un cero…


"No te aburras nunca más" un antídoto contra o aburrimento cheo de xogos, adiviñas, xeroglíficos... e "Crea tus propios cómics" ideal para @s que queren aprender a debuxar e escribir as súas propias historietas. Ambos da editorial Usborne.

 


Resulta que unha tal Aleksandra Mizielinska ten uns libros superchulos que son un Atlas do Mundo e un que se chama "Debaixo da terra, debaixo do auga" e resulta tamén que destes libros, que son uns tesouros de bonitos que son, pois sairon uns de actividades:

"Debajo de la tierra" Deseña unha mina de carbón, excava un túnel a través dunha montaña, completa un esqueleto de dinosauro ou visita unha cidade subterránea.

"Debajo del mar"⇨ Aprende a linguaxe dos buceadores, deseña un submarino, rescata un tesouro no fondo do mar e enfróntate aos tentáculos dun calamar colosal.




E para os menos cativos (3º ciclo en adiante) temos estas marabillas: "Laboratorio portátil de escritura"(TTT), "El mundo imaginario" de Keri Smith creadora de "Destroza este diario" (Paidós), "El  Collage de tu vida"(MTM), "Todo empieza aquí"(Plaza & Janés) e "Koob, el libro al revés"(Planeta). Diarios creativos, diarios para coñecernos mellor, libros para expresarnos a través de composicións e libros que presentan retos a nosa capacidade de imaxinar.


  

 




Saudiños lectores! 😚


  

Ningún comentario:

Publicar un comentario