martes, 21 de decembro de 2021

BO NADAL A TOD@S! 🎄✨

Un ano máis despedímonos ata o próximo Xaneiro máis que satisfeitas por todo o voso amor e a vosa participación na biblio! contacontos, manualidades, cine de Nadal... que ben o pasamos coas vosas visitas!




Vémonos o vindeiro ano!  Agardamos que Papá Noel ou os Reis vos traian algún libriño molón do que nos poidades falar a volta!

Apertas! ♥️

sábado, 4 de decembro de 2021

ESTAMOS DE VOLTA!! COMA O TURRÓN!!

Moi boas amiguiñ@s lector@s!

Pois ao fin estou de volta na biblio e co seu fantabuloso blog, e qué ganiñas teño de contarvos cousas! Novidades, proxectos, actividades ... moito curso temos por diante aínda!

Para comezar decembro (aínda que vou algo tarde) déixovos un calendario de advento literario, é moi sinxelo de facer así que animádevos!


Día 1: Relé o inicio do teu libro favorito.

Día 2: Pídelle a alguén que che fale dun libro que lle gustase moito.

Día 3: Antes de durmir, le 10 minutos.

Día 4: Pensa nun libro que lle vaias pedir a Papa Noel.

Día 5: Busca algún dato que non coñezas sobre o teu autor ou autora favorita.

Día 6: Le ou relé unha poesía.

Día 7: Comeza un libro.

Día 8: Ordea un pouco a túa biblioteca persoal.

Día 9: Lee un capítulo solto dun libro.

Día 10: Fala cun amig@ dun cómic.

Día 11: Cambia o tempo de hoxe de TV por tempo de lectura.

Día 12: Pensa no teu conto favorito e en porqué che gusta tanto.

Día 13: Achégate pola biblio e pídeme que che recomende un libro.

Día 14: Pregúntalle a un familiar cal é o seu libro favorito.

Día 15: Visita unha librería.

Día 16: Pensa en que personaxe che gustaría ser por un día.

Día 17: Recomenda un libro a algún amigo ou amiga.

Día 18: Mira unha película baseada nun libro que leras.

Día 19: Dona un libro que xa leras.

Día 20: Agasalla cun libro a alguén que queiras moito.

Día 21: Dedícalle unha frase ou un poema dun libro a alguén especial.

Día 22: Se non che tocou a lotaría pensa que non hai maior riqueza que a cultura.

Día 23: Le un conto a alguén máis cativo ca ti.

Día 24: Falade do último libro que lestes na cena de nadal.

Día 25: Doces de nadal e libros!

 

venres, 23 de abril de 2021

FELIZ DÍA DO LIBRO! 😍📕✨

Moi boas amiguiñ@s e moi feliz día do libro! espero que esteades a gozar de todas as estupendas actividades organizadas no cole esta semana tan especial. Por aquí vouvos a deixar un vídeo moi motivador que reflicte as sensacións que nos produce unha boa lectura, e tamén un reto lector para facer ao longo deste ano!


 Bicos e apertas para tod@s! 😊😊😊

domingo, 7 de marzo de 2021

8M 💜

Feliz día da Muller! Este ano na biblio fixemos un mural con algunhas das nosas escritoras favoritas! 


Saudiños! 💜

martes, 23 de febreiro de 2021

MANGAS NA BIBLIO!

Por fin chegaron! Xa dispoñemos na biblio dunha boa mostra de shonens manga para deleitarvos ou iniciarvos no mundo do cómic xaponés, dando resposta a última xunta de delegados onde pediades mangas para a biblioteca. Por este motivo e xa que a petición veu de parte do alumnado da ESO, durante dúas semanas terán prioridade no servizo de empréstito, pasando despois a disposición do resto dos cursos de EP.

Tamén temos unha pequena expo sobre o mundo do manga que non vos podedes perder!






Saudiños otakus! ✌

venres, 12 de febreiro de 2021

XA ESTAMOS DE ENTROIDO! 👺🤖🤡

Moi boas rapazada! Xa estamos de entroido! tempo de carautas, maquillaxes e de saborosas sobremesas, e aínda que o que máis nos apetece e disfrazarnos de Hulk, de Wonder Woman ou de astronautas,  tamén  é importante lembrarnos que o entroido é unha das festas mais importantes da cultura galega.  

Nesta curta podedes ver distintos traxes típicos do entroido galego, traxes singulares cheos de cor e de historia. Se estades ben atent@s ata podedes sentir o frío que fai nos pobos e aldeas que saen nas imaxes!


E canto sabemos do entroido? 🤔 Aventúrate a facer este test online premendo no seguinte enlace ☟  e escolle a resposta correcta de entre as 3 opcións!


Pasádeo pipa nestas minivacacións! Saudiños lectores! 😘

xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Feliz Día da Muller e da Nena na Ciencia! O 11 de febreiro foi o día declarado pola ONU "coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas." 

Aquí vos deixo algunhas lecturas inspiradoras de científicas que fixeron historia! 

 




Saudiños lectores! e lembrade que as nenas de hoxe serán as científicas do mañá!

martes, 26 de xaneiro de 2021

DINOSAUROS!!! 🦖

Os máis peques estades de sorte! Mirade que colección tan molona doáronnos uns alumnos do cole para que desfruten os pequechos de primaria! 


A colección “El mundo de los dinos” non contén soamente libros de dinosauros, tamén hai de animais prehistóricos, da selva e da vida na prehistoria.  

Xa están dispoñibles para préstamo, vinde a por eles! 😍🦕