luns, 16 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022 🎇💙📔

Feliz día das letras galegas a tod@s! Este ano está dedicado ao poeta de Valdeorras Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) invítovos a festexar este día en galego, ou polo menos, usando as verbas que máis vos gustan.
Podedes comezar cantando esta canción adaptada do poema de Florencio "Aí vén o Maio":

Aí ven o Maio pola porta do xardín,
aí ven o maio de enterrar ao pai Abril,

Aí ven o Maio pola porta da devesa,
hai ven o Maio cos seus brincos de cereixas.

Aí ven o Maio,
Maíño, Maiolo;
na verde camisa
botóns de amorodos;
monteira florida,
a roupa das festas;
e un caraveliño
por riba da orella;

Aí ven o Maio pola porta do soutelo,
aí ven o Maio có seu colete amarelo.

Aí ven o Maio pola porta do valado,
aí ven o Maio co seu traxiño branco.

Aí ven o Maio,
Maíño, Maiolo;
na verde camisa
botóns de amorodos;
peites de silveiras
peitéanlle o cabelo,
anda a namorare
coma un mozo cedo.

Na web primaveradasletras.gal tedes info sobre a súa vida e obra ademais de material e recursos molóns para xogar e pintar.

mércores, 11 de maio de 2022

SEMANA DA BIBLIOTECA ❤📚

 

Este curso a Semana da Biblioteca dedicouse  ao Camiño de Santiago, a biblio converteuse na Catedral e o alumnado peregrinou dende as súas aulas ata chegar ao final do camiño e acadar a Compostela.

O noso alumnado gozou de contacontos, audiovisuais e actividades, os contos Bo camiño Valentiño! e Marosa e Mariña camiñan a Compostela foron os escollidos para as sesións de infantil e primeiro ciclo de primaria, cos máis maiores fixemos un Concurso do Camiño no que tiveron que acumular selos dos albergues para acadar o Certificado do Peregrino.




Doutra banda déixovos unhas fotos dunha mostra do espléndido material que nos chegou para o concurso do día do libro, ao equipo PLEI custounos un mundo elixir aos finalistas e xa non queda nada para coñecer aos gañador@s!









BO CAMIÑO PEREGRIN@s!