luns, 29 de outubro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (II)


Con motivo da Semana da Biblioteca das Bibliotecas Escolares, realizamos una sesión de contacontos do libro "Buenos modales con los libros prestados", un interesante libro que reflexiona sobre o coidado dos libros das bibliotecas e, a continuación, crearon os seus marcapáxinas conmemorativos da efemérides.



martes, 23 de outubro de 2018

QUIZ "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"




Aquí vos deixo a ligazón para realizardes un Kahoot sobre as bibliotecas escolares

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ao longo desta semana, co gallo do Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) ofrecerémoslles aos rapaces e rapazas de 4º Primaria ata 6º Primaria a oportunidade de exerceren como bibliotecarios durante unha hora.

Así, tras unha breve exposición por medio de diapositivas, os rapaces terán que buscar nos andeis unha serie de libros para gozar da lectura e na sección de consultas terán que seleccionar os libros máis apropiados para faceren unha traballo que se lles asigna.


mércores, 10 de outubro de 2018

SELECCIÓN LIBROS DO OUTONO

Xa chegamos aos 100.000 libros prestados na biblioteca e superamos as 6000 visitas no blog! Aquí vos deixamos como regalo unha selección de libros para que vos divirtades este outono.