martes, 21 de decembro de 2021

BO NADAL A TOD@S! 🎄✨

Un ano máis despedímonos ata o próximo Xaneiro máis que satisfeitas por todo o voso amor e a vosa participación na biblio! contacontos, manualidades, cine de Nadal... que ben o pasamos coas vosas visitas!




Vémonos o vindeiro ano!  Esperamos que Papá Noel ou os Reis vos traian algún libriño molón do que nos poidades falar a volta!

Apertas! ♥️

sábado, 4 de decembro de 2021

ESTAMOS DE VOLTA!! COMA O TURRÓN!!

Moi boas amiguiñ@s lector@s!

Pois ao fin estou de volta na biblio e co seu fantabuloso blog, e qué ganiñas teño de contarvos cousas! Novidades, proxectos, actividades ... moito curso temos por diante aínda!

Para comezar decembro (aínda que vou algo tarde) déixovos un calendario de advento literario, é moi sinxelo de facer así que animádevos!


Día 1: Relé o inicio do teu libro favorito.

Día 2: Pídelle a alguén que che fale dun libro que lle gustase moito.

Día 3: Antes de durmir, le 10 minutos.

Día 4: Pensa nun libro que lle vaias pedir a Papa Noel.

Día 5: Busca algún dato que non coñezas sobre o teu autor ou autora favorita.

Día 6: Le ou relé unha poesía.

Día 7: Comeza un libro.

Día 8: Ordea un pouco a túa biblioteca persoal.

Día 9: Lee un capítulo solto dun libro.

Día 10: Fala cun amig@ dun cómic.

Día 11: Cambia o tempo de hoxe de TV por tempo de lectura.

Día 12: Pensa no teu conto favorito e en porqué che gusta tanto.

Día 13: Achégate pola biblio e pídeme que che recomende un libro.

Día 14: Pregúntalle a un familiar cal é o seu libro favorito.

Día 15: Visita unha librería.

Día 16: Pensa en que personaxe che gustaría ser por un día.

Día 17: Recomenda un libro a algún amigo ou amiga.

Día 18: Mira unha película baseada nun libro que leras.

Día 19: Dona un libro que xa leras.

Día 20: Agasalla cun libro a alguén que queiras moito.

Día 21: Dedícalle unha frase ou un poema dun libro a alguén especial.

Día 22: Se non che tocou a lotaría pensa que non hai maior riqueza que a cultura.

Día 23: Le un conto a alguén máis cativo ca ti.

Día 24: Falade do último libro que lestes na cena de nadal.

Día 25: Doces de nadal e libros!