martes, 23 de febreiro de 2021

MANGAS NA BIBLIO!

Por fin chegaron! Xa dispoñemos na biblio dunha boa mostra de shonens manga para deleitarvos ou iniciarvos no mundo do cómic xaponés, dando resposta a última xunta de delegados onde pediades mangas para a biblioteca. Por este motivo e xa que a petición veu de parte do alumnado da ESO, durante dúas semanas terán prioridade no servizo de empréstito, pasando despois a disposición do resto dos cursos de EP.

Tamén temos unha pequena expo sobre o mundo do manga que non vos podedes perder!






Saudiños otakus! ✌

venres, 12 de febreiro de 2021

XA ESTAMOS DE ENTROIDO! 👺🤖🤡

Moi boas rapazada! Xa estamos de entroido! tempo de carautas, maquillaxes e de saborosas sobremesas, e aínda que o que máis nos apetece e disfrazarnos de Hulk, de Wonder Woman ou de astronautas,  tamén  é importante lembrarnos que o entroido é unha das festas mais importantes da cultura galega.  

Nesta curta podedes ver distintos traxes típicos do entroido galego, traxes singulares cheos de cor e de historia. Se estades ben atent@s ata podedes sentir o frío que fai nos pobos e aldeas que saen nas imaxes!


E canto sabemos do entroido? 🤔 Aventúrate a facer este test online premendo no seguinte enlace ☟  e escolle a resposta correcta de entre as 3 opcións!


Pasádeo pipa nestas minivacacións! Saudiños lectores! 😘

xoves, 11 de febreiro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Feliz Día da Muller e da Nena na Ciencia! O 11 de febreiro foi o día declarado pola ONU "coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas." 

Aquí vos deixo algunhas lecturas inspiradoras de científicas que fixeron historia! 

 




Saudiños lectores! e lembrade que as nenas de hoxe serán as científicas do mañá!