xoves, 14 de maio de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (V)

Xa falta pouco. Quedan tres días para o 17 de maio. Esta mañá recibimos a visita de 2ºC e 2ºA de Primaria que non se puideron resistir ao ritmo de "Brinca Vai" e Paco Nogueiras. Logo puxéronse mans á obra para facer carteis commemorativos do Día das Letras.
Chegou, acto seguido, a visita de 1ºA, quen mostraron entusiasmo pola cantidade de cargos que desempeñou Filgueira Valverde ao longo da súa vida. No momento da súa entrada na biblioteca, os rapaces de 1ºA coa súa profesora Pilar agasalláronnos cos seus debuxos coloreados sobre a figura do homenaxeado.
Para dar remate a esta intensa mañá, os alumnos de 1º ESO, coa súa profesora Susana escenificaron na biblioteca o conto dos Bolechas titulado "A Reconquista de Vigo" e puideron ver o vídeo promocional do galego Se eu podo, ti tamén podes, realizado polo Equipo de Dinamización Lingüística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario