martes, 22 de decembro de 2020

BO NADAL! E MOI FELICES VACACIÓNS! 🎄🎄🎇🎇💝💝

Despedimos o trimestre con moita ilusión e súper satisfeit@s coa vosa acollida e as vosas visitas  nun curso complicado e nun momento no que non é doada a participación na maioría de actividades lúdicas e culturais.

Facendo un pequeno repaso deste trimestre no cal soubestes estar a altura das circunstancias coronavíricas, comezamos felicitando  aos cursos máis lectores!

1º lugar ➜ 6ºB de E. Primaria.

2º lugar ➜ 5ºA de E. Primaria.

3º lugar ➜ 6ºC de E. Primaria.

Como podedes ver o terceiro ciclo é o que se leva a palma da asiduidade a biblioteca, pero sen esquecernos de tódolos demáis cursos de primaria que sempre tendes algún libro da biblio nas vosas casas ou nas vosas aulas!

Os libros máis prestados foron os de Diario de Greg, os cómics da Liga de la Justicia, os Diarios de Cereza, Animalia, Anna Kadabra, X-Men, Os Símpson ... os cómics foron os grandes demandados neste trimestre cheo de novidades.

Dende a biblio desexámosvos un bo nadal e un feliz aninovo e que todos os vosos libros se fagan realidade!


Saudíños lectores e vémonos a volta! 😘

xoves, 17 de decembro de 2020

CINE DE NADAL

Esta semana estamos a tope na biblio coas visitas d@s máis pequen@s! Os distintos grupos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de EP están a mirar unhas curtametraxes e a asistir a un contacontos segundo o seu curso.

"El árbol de navidad de Pluto", "La navidad de Ángela" e o conto "Una carta para Papá Noel" son as sorpresas que lles temos preparadas! 









venres, 4 de decembro de 2020

XMAS TIME 🎅

Mirade que chuli quedou a biblio con estes dous compañeiros! e a de contos de Nadal que temos para que levedes as vosas casas!






martes, 1 de decembro de 2020

Historietas de Nadal 🎄

Xa estamos en decembro e o nadal está a piques de chegar! para ir abrindo boca e mentres non nos acendan as luces na cidade, aquí vos deixo 10 historietas moi graciosas  e cuquis sobre esta época do ano que tanto nos gusta!














luns, 23 de novembro de 2020

AVATARES HARRY POTTER

 Qué ben o pasamos creando os nosos avatares do universo Harry Potter! 

A casa gañadora do proxecto de Samaín de 4º de Primaria, a casa Hufflepuff, tivo como premio unha hora na biblio, na que creamos as nosas propias persoaxes de Harry Potter, ahí van uns exemplos do que fixemos.









Podédelos crear na web pottertar.framiq.com 😁

venres, 23 de outubro de 2020

✨ SEMANA RODARI E DÍA DAS BIBLIOTECAS ✨

Poñemos fin a unha semana moi especial para a nosa biblioteca escolar, con motivo do centenario do nacemento do maestro Gianni Rodari e aproveitando que o sábado é o día das Bibliotecas fixemos uns talleres de escritura creativa baseado na súa “Gramática da Fantasía” nas aulas de 5º e 6º de Primaria nos que o alumnado soubo amosar as súas dotes creativas inventando historias fantásticas ao máis puro estilo Rodari.






martes, 20 de outubro de 2020

NOVIDADES NA BIBLIO MÓBIL!

Que marabilla poder dispoñer de novos títulos na nosa biblio móbil!, o flamante carro que percorre as aulas de primeiro e segundo de EP para achegarlles os contos máis molóns! 


Incorporamos ao noso catálogo, a colección Miranda de Edelvives, unha colección fermosísima de relatos sobre as vidas dalgunhas das mulleres máis influentes da historia, contos para Samaín, Nadal, para aprender a crear cómics, para axudar a  relaxarnos ... etc non volos perdades!

Saudiños lectores! 😍 

martes, 13 de outubro de 2020

PRESENTACIÓN EN PRIMEIRO

O alumnado de primeiro de Educación Primaria iníciase no uso da biblioteca! Xa teñen os seus novos carnés e un longo e florecente camiño lector cheo de aventuras por diante!  


Aquí vos deixo un pequeno vídeo de presentación que lle puxemos aos máis cativos
nas aulas sobre o funcionamento da nosa biblio 😊



Vémonos na biblio! 😙

xoves, 1 de outubro de 2020

BOA VIAXE QUINO! 💖

Onte deixábanos o historietista e humorista Quino, un dos máis importantes do século XX e o máis internacional. Creador da mítica Mafalda, unha nena intelixente e irónica preocupada pola paz mundial, os dereitos humanos a xustiza... que sempre tiña algunha pregunta incómoda para facerlle aos adultos.

Aquí vos deixo algunhas viñetas dos seus cómics: 











Se queredes saber máis sobre esta pequena pásadevos pola biblio a ollar algún dos seus fabulosos cómics!

Saudiños lectores 😉

xoves, 17 de setembro de 2020

EN BREVE ... ARRINCAMOS!

Moi boas! 

Sodes moit@s @s que estades desexando voltar a biblio a polos vosos contos favoritos, @s que estades desacougad@s por non ter o buraco no carné, ou @s que queredes ver as novidades para o novo curso.

Este ano arrincamos os servizos da biblio un pouquiño máis tarde (outubro) xa que temos que traballar na seguridade nas aulas e nos procedementos e idear súper-actividades acordes coa nova situación, namentres vos deixo outro petisco de novidades.

Os catro exemplares de arriba son para lectores a partir de 10 anos, gomet verde 💚, e os cinco de abaixo son para 8 anos, gomet vermello 👹.

Polo de agora ... vémonos nos corredores e nas aulas! 😘