venres, 18 de marzo de 2016

REMATE DA SEMANA DO CÓMIC

Hoxe chega a clausura da Semana do Cómic e o comezo das vacacións da Pascuas. O Mouchiño quere aproveitar a ocasión de felicitarvos a todos pola vosa implicación, pola vosa alegría desbordante. Remata a Xornada do Cómic, pero á volta das vacacións volveremos con novas sorpresas. Deica entón!

FELICES PASCUAS!

mércores, 16 de marzo de 2016

KIKA SUPERBRUJA Y SUS BROMAS MAGICAS

RESUMEN
Kika está en su cuarto leyendo hechizos sobre personajes de cuentos y, para que su hermano pequeño Dani le deje tranquila, le narra un cuento inventado sobre Caperucita. Después de unos días, el viernes por la tarde, sus padres le dejan ir a pasar el fin de semana con su abuela.

Allí,la abuela baja a hacer un recado. Le dice que no abra a nadie.


Al momento, llama a un hombre llamado Bautista de Pamelín, que es el vecino de abajo,pero Kika no lo sabe y lo confunde con el Flautista de Hamelín.El vecino queda asombrado porque Kika con sus hechizos primero hace aparecer un caballo, una vaca y, por último, un cerdo que se le escapa.
El vecino sale corriendo y Kika también,pero con las prisas se deja las llaves dentro y tiene que esperar en la escalera a que venga su abuela.


Al final,cuando llega,se presenta el vecino con dos policías diciendo que tiene animales en el piso. Pero como Kika los habia hecho desaparecer no encontraron nada.

     Escrito por Óscar G. e Iago E. (5ºA)
    

    Resumo elaborado por Nico C. B (4ºC)
   

venres, 11 de marzo de 2016

SEMANA DO CÓMIC (III)

Outra xornada dedicada ao Cómic en Galego. A primeira hora da mañá, ás 09.30 recibimos á visita dun publico entregado onde os haxa, 4ºB Infantil. Os rapaces deste curso escoitaron atentos como lles contábamos un cómic e, logo, puideron ollar algúns dos exemplares dos Bolechas en banda deseñada. Velaquí algunhas mostras do seu entusiasmo.
Case sen tempo a respirar, a continuación, viñeron visitarnos os alumnos de 3ºC e inmediatamente despois chegou a quenda de 4ºA de Primaria. Ámbolos dous grupos ollaron con atención unha breve explicación do cómic e dos elementos que o forman, logo leron banda deseñada e, finalmente, responderon entusiasmados a unhas preguntas sobre os cómics de Astérix e Obélix e os Bolechas.
Pero, tranquilos, a Semana do Cómic segue a cinco días máis.....desta volta cos alumnos da ESO.

xoves, 10 de marzo de 2016

SEMANA DO CÓMIC (II)

Durante estes días, estamos a recibir a visita dos diferentes grupos de Primaria con motivo da Semana do Cómic. Logo dun repaso breve polos distintos conceptos vencellados co cómic (viñetas, globos, etc...), os rapaces fixeron un xogo de preguntas sobre os Bolechas -para os máis cativos, de 1º e 2º Primaria- e sobre Astérix e Obélix -no resto de cursos de Primaria. Velaquí unha mostra do entusiasmo mostrado

luns, 7 de marzo de 2016

SEMANA DO CÓMIC

Globos, cartuchos, viñetas....Falamos como xa intuídes de elementos do cómic. Durante esta semana e deica o 18 de marzo celebraremos na biblioteca escolar en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística a Semana do Cómic. Comezamos a semana contando coa sempre prezada visita dos alumnos de 2ºA. Os madrugadores alumnos de 2º Primaria viron e leron atentos unha diapositiva sobre os elementos do cómic, logo leron cómics (sobre todo dos Bolechas e de Marcopola) e, finalmente, responderon a un quiz sobre a familia Bolechas.

xoves, 3 de marzo de 2016

CONTACONTOS "EL SUPERPODER DE SALVAR UNA VIDA"

Imaxina que o teu avó cae inconsciente no chan. Como podemos axudalo? No conto de Paz Gonçalves fálanos dun superpoder: EL SUPERPODER DE SALVAR UNA VIDA. Para obter ese poder os alumnos de 1ºA (e antes 1ºB e 1ºC) tiveron que beber tres pocións máxicas: a poción máxida da P de protexer; A de avisar e S de socorrer. Agora xa estamos en condicións de salvar una vida.