Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de setembro de 2020

EN BREVE ... ARRINCAMOS!

Moi boas! 

Sodes moit@s @s que estades desexando voltar a biblio a polos vosos contos favoritos, @s que estades desacougad@s por non ter o buraco no carné, ou @s que queredes ver as novidades para o novo curso.

Este ano arrincamos os servizos da biblio un pouquiño máis tarde (outubro) xa que temos que traballar na seguridade nas aulas e nos procedementos e idear súper-actividades acordes coa nova situación, namentres vos deixo outro petisco de novidades.

Os catro exemplares de arriba son para lectores a partir de 10 anos, gomet verde 💚, e os cinco de abaixo son para 8 anos, gomet vermello 👹.

Polo de agora ... vémonos nos corredores e nas aulas! 😘

martes, 1 de setembro de 2020

BENVIDO SETEMBRO!

Benvido Setembro! que pouco falta para o comezo das clases e que ganas temos por aquí de vervos a tod@s! Mentres tanto seguimos coas novidades, aquí vos deixo un adianto de novos títulos para estrear!


Saudiños lectores! 😗

mércores, 24 de xuño de 2020

FEIRA DO LIBRO

Moi boas! Mañá comeza a Feira do libro de Galicia! poderedes visitala dende o 25 de xuño ata o 4 de Xullo na rúa do Príncipe, botádelle un ollo a programación porque conta coa participación de importantes figuras da literatura infantil e xuvenil galega, autor@s de cabeceira da nosa biblio como poden ser Ledicia Costas, El Hematocrítico, Anxo Fariña, Elena Gallego, Antonio García Teijeiro ...
Tamén estará asinando a súa nova banda deseñada "A proba de Auga" Anémona de Río, autora do primeiro manga galego!



luns, 15 de xuño de 2020

CADERNOS DE ACTIVIDADES (MOLÓNS) PARA O VERÁN


Ola rapazada! Estamos a piques de rematar o curso e con máis ganas de vacacións de verán que nunca ¿non si?, nesta entrada vouvos deixar unhas recomendacións de libros e cadernos de actividades alternativos aos cadernos tradicionais de repaso, libros molóns e sobre todo moi divertidos! 

Para os máis cativos:
“El libro de los garabatos” de KóKINOS, un libro para fomentar a creatividade con propostas estimulantes para completar con debuxos, pinturas, collages...



“Juego y me conozco” é unha colección de contos creados pola recoñecida psicóloga e pedagoga francesa Isabelle Filliozat onde a través das súas actividades e propostas ademáis de pasar un rato boísimo coñecemos, identificamos e traballamos as nosas emocións.




A partir de 7 anos temos estas fermosuras “Cuentos a medias” da editora Tierra de Mu destinados  a  autor@s intrépid@s que axuden a rematar de escribir e ilustrar estes contos.



"Cuadernito de escritura divertida" de Blakie Little, Con propostas tan xeniais como as seguintes:
Saca o teu lápiz e imaxina: Que entrevistas a un piollo, o restaurante máis asqueroso do mundo, que eres o amigo dun robot, un examen no que estás obrigad@ a sacar un cero…


"No te aburras nunca más" un antídoto contra o aburrimento cheo de xogos, adiviñas, xeroglíficos... e "Crea tus propios cómics" ideal para @s que queren aprender a debuxar e escribir as súas propias historietas. Ambos da editorial Usborne.

 


Resulta que unha tal Aleksandra Mizielinska ten uns libros superchulos que son un Atlas do Mundo e un que se chama "Debaixo da terra, debaixo do auga" e resulta tamén que destes libros, que son uns tesouros de bonitos que son, pois sairon uns de actividades:

"Debajo de la tierra" Deseña unha mina de carbón, excava un túnel a través dunha montaña, completa un esqueleto de dinosauro ou visita unha cidade subterránea.

"Debajo del mar"⇨ Aprende a linguaxe dos buceadores, deseña un submarino, rescata un tesouro no fondo do mar e enfróntate aos tentáculos dun calamar colosal.




E para os menos cativos (3º ciclo en adiante) temos estas marabillas: "Laboratorio portátil de escritura"(TTT), "El mundo imaginario" de Keri Smith creadora de "Destroza este diario" (Paidós), "El  Collage de tu vida"(MTM), "Todo empieza aquí"(Plaza & Janés) e "Koob, el libro al revés"(Planeta). Diarios creativos, diarios para coñecernos mellor, libros para expresarnos a través de composicións e libros que presentan retos a nosa capacidade de imaxinar.


  

 




Saudiños lectores! 😚


  

xoves, 11 de xuño de 2020

O SUPERPODER MÁIS IMPORTANTE

O aclamado historietista galego David Rubín creou este pequeno cómic (unha historia de Superman, Krypto e a túa veciña) un agasallo ambientado nestes estraños momentos que estamos a vivir. Unha homenaxe e unha reflexión moi necesarias.

Podedes lelo facendo click na imaxe e se tedes sorte conseguilo de balde nalgunha tenda de cómics ou librería. Que o gocedes!


martes, 9 de xuño de 2020

AMAR E FICHAS DE ACTIVIDADES


Bo día pequen@s grandes lector@s! Hoxe tráiovos un libro excepcional por xentileza da editorial Palabras Aladas, responsable do  fabuloso Emocionario, e nesta mesma liña teñen o libro ilustrado AMAR que describe dun modo sinxelo corenta actitudes, valores e comportamentos que enchen de contido a verba AMAR.

Facede click na imaxe para descargar o libro e no texto de abaixo para descargar as fichas de actividades sobre o libro.




sábado, 16 de maio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixo unha selección de títulos por cursos, aínda que non podedes vir a biblio a botarlles un ollo ao mellor tedes algún nas vosas casas ou podedes fichalo para máis adiante. 😉

1º e 2º de Primaria ↓


3º e 4º de Primaria ↓


5º e 6º de Primaria ↓


ESO ↓