Na web primaveradasletras.gal tedes info sobre a súa vida e obra ademais de material e recursos molóns para xogar e pintar.

Blog da biblioteca escolar do colexio Marista El Pilar
Na web primaveradasletras.gal tedes info sobre a súa vida e obra ademais de material e recursos molóns para xogar e pintar.
Este curso a Semana da Biblioteca dedicouse ao Camiño de Santiago, a biblio converteuse na
Catedral e o alumnado peregrinou dende as súas aulas ata chegar ao final do
camiño e acadar a Compostela.
O noso alumnado gozou de contacontos,
audiovisuais e actividades, os contos Bo camiño Valentiño! e Marosa
e Mariña camiñan a Compostela foron os escollidos para as sesións de
infantil e primeiro ciclo de primaria, cos máis maiores fixemos un Concurso do
Camiño no que tiveron que acumular selos dos albergues para acadar o Certificado
do Peregrino.
Doutra banda déixovos unhas fotos dunha mostra do espléndido material
que nos chegou para o concurso do día do libro, ao equipo PLEI custounos un
mundo elixir aos finalistas e xa non queda nada para coñecer aos gañador@s!
BO CAMIÑO PEREGRIN@s!
Amiguis!
a que agardades para preparar as vosas propostas para o concurso do día do
libro?
O
alumnado de Infantil pode decorar unha cuncha de vieira como máis lle guste, o
de Educación Primaria (1º ata 4º) poden deseñar e presentarnos unha Mascota Xacobea, co seu nome
e a súa historia, e por último o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e a E.S.O.
podedes ir argallando un TikTok ou calquera outro vídeo cunha historia sobre o
camiño.
Poñédevos
creativ@s e imaxinativ@s que iso é o que imos premiar!
Máis info na biblio! 😎
Ao igual ca primavera voltan as novidades a nosa biblio!
E que agradecid@s estamos con esta achega do ANPA do colexio en forma de libriños molóns, libros que chegan para completar coleccións e agromar ilusións! 😊
Pero... que era o que quereriades?
Ah estupendo! pois podedes dispoñer deles a partir desta semana e mentres botádelle unha ollada ao seguinte vídeo!
Saudiños lectores! 😚
A pasada semana tivemos a sorte de contar no colexio cunha das
nosas escritoras de cabeceira, Ledicia
Costas, creadora da marabillosa Señorita
Bubble, de Escarlatina, a cociñeira
cadáver, A balada dos unicornios,
Vampira de biblioteca e un prolífero etc.
Grazas Ledicia por compartir connosco esas anécdotas e vivencias que de nena, fixéronche ser a muller e a escritora que agora és.
🤍✨💐
Onte foi 8M, día da muller, e durante esta semana na
biblioteca ofreceremos uns ciclos de curtas animadas e faladoiros sobre a
orixe e o significado do 8M e do feminismo.
A estas alturas e grazas aos vosos profes tod@s
sodes uns expertos no entroido galego, pero por si xurdisen algunhas dúbidas Os
Bolechas déixanvolo ben clariño neste entretido manual.
(ao final ten actividades, carautas e receitas 😊) Clica na imaxe!