martes, 27 de xaneiro de 2015

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (XII): PLATERO

Dada a emoción e o entusiasmo mostrados polos rapaces dende Infantil ata a ESO, decidimos ampliar a semana da biblioteca ata o vindeiro xoves 29. Onte pola tarde recibimos a visita de 2ºA, e esta mañá 1ºB e 2º B de Primaria. Platero. Juan Ramón Jiménez. Premio Nobel de Literatura (1956). Moguer. Zenobia. Estas son algunhas palabras que escoitaron os alumnos de 1º e 2º Primaria. Palabras relacionadas co universo juanramoniano.
Durante parte da mañá, tamén tivemos a sempre ben recibida visita de alumno de 3º ESO A, que se animaron a facer pequenos murais sobre aspectos da vida de Juan Ramon Jiménez: biografía, xeración de 1914, a poesía de Juan Ramón Jiménez e análise de PLATERO Y YO...

luns, 26 de xaneiro de 2015

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (XI): PLATERO

Esta mañá os alumnos de 3º e 4º ESO visitaron a biblioteca escolar. Tras escoitaren unhas breves explicacións sobre a figura de Juan Ramón Jiménez, varios deles leron pasaxes do libro:
Rematado o recital a cargo dos rapaces de 3º ESO A e C, 4º ESO A e B, observaron a ambientación da biblioteca.
Grazas pola vosa visita.

venres, 23 de xaneiro de 2015

SEMANA TEMÁTICA BIBLIOTECA (X)

Os máis pequenos tamén se emocionan con Platero. Esta mañá recibimos a visita agardada de rapaces de 6ºA e 5ºB de Infantil, que con moita atención viron un pequeno vídeo do noso protagonista, colorearon cadanseus debuxos do ilustre animal e escoitaron unha breve sesión de contacontos do libro "Mi primer Platero". Moitas grazas pola vosa receptividade.
Pola tarde, para rematar a semana, recibimos ansiosos e con entusiasmo a visita dos rapaces de 6ºB Infantil coa súa profesora Yoli.

SEMANA TEMÁTICA (IX): RECITAL PLATERO Y YO

Esta mañá os rapaces de 5ºA e 5ºB de Primaria leron con emoción algunhas pasaxes da obra juanramoniana. Grazas pola vosa activa participación.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (VIII): PLATERO

Acompañados das súas mestras, os rapaces de 4ºA de Infantil foron os que inauguraron as sesións de hoxe dedicadas a Platero:
E despois chegou a quenda de 5ºB de Infantil:

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (VII): PLATERO

Onte pola tarde, os entusiastas rapaces de 1ºA de Primaria, acompañados pola súa profesora Pilar, acudiron á biblioteca para coñecer máis en profundidade a Platero. Tras veren un breve vídeo, colorearon cadansúas imaxes do célebre burro, asistiron a unha breve sesión de contacontos "Mi primer Platero".....e como recordo levaron os seus debuxos para a casa.
Grazas, rapaces e rapazas.

mércores, 21 de xaneiro de 2015

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (VI); PLATERO

Ata os máis pequenos quixeron coñecer ao protagonista da nosa semana. Os alumnos de 4ºB de Infantil, acompañados da súa profesora visitaron a biblioteca e viron un breve vídeo sobre o famoso burro. Unha vez rematado, colorearon cadansúas imaxes de Platero
Logo chegou a quenda dos rapaces de 1º ESO que observaron a ambientación da biblioteca e leron varias pasaxes da obra.

martes, 20 de xaneiro de 2015

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (VI): PLATERO

Desta vez, os alumnos de 3ºB e 4ºA quixeron coñecer tan egrexio burro, descoñecido para algúns deles. Logo da lectura dende un atril do capítulo inicial do libro, elaboraron cadanseu caligrama e posteriormente leron outras pasaxes significativas da obra.

luns, 19 de xaneiro de 2015

SEMANA DA BIBLIOTECA (V): PLATERO

Esta mañá os rapaces de 3º de Primaria A tamén quixeron coñecer a Platero. Tras lerlles o capítulo inicial do libro, puxéronse a deseñar caligramas do famoso animal.

xoves, 15 de xaneiro de 2015

SEMANA DA BIBLIOTECA (IV): PLATERO

Desta vez obsequiáronnos coa súa visita e agudeza os alumnos de 5ºC e 6ºB, que mostraron interese por descubrir a figura de Platero e Juan Ramón Jiménez. Tras unha breve explicación teórica, realizaron breves caligramas inspirados no capítulo inicial da obra...

mércores, 14 de xaneiro de 2015

SEMANA TEMÁTICA BIBLIOTECA (III)

"Platero juega con Diana, la bella perra blanca que se parece a la luna creciente, con la vieja cabra gris, con los niños..."
Esta mañá os rapaces de 4ºB Primaria quixeron coñecer un pouco ao escritor Juan Ramón Jiménez e a súa obra máis universal.

martes, 13 de xaneiro de 2015

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (II): PLATERO

Esta mañá os alumnos de 4º Primaria C asistiron entusiasta a un obradoiro sobre o egrexio burro Platero e sobre o seu autor, Juan Ramón Jiménez. Logo dunha pertinente explicación teórica sobre o autor e maila obra, os rapaces fixeron caligramas baseados en Platero. Velaquí algunhas mostras:

luns, 12 de xaneiro de 2015

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (I): PLATERO

A vindeira semana celebraremos a SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA, que está dedicada este ano á figura de PLATERO. Precisamente para dar a coñecer a este ilutre burro, temos programadas unha serie de actividades ao longo desta semana dirixida a alumnos de 4º, 5º e 6º Primaria.

xoves, 8 de xaneiro de 2015

RETORNO

Xa estamos en 2015, un ano impar do que só esperamos boas noticias. Hoxe o Mouchiño, cos seus grandes ollos, volveu á biblioteca para estar con todos vós. A nosa mascota quere desexarvos que sigades con este entusiasmo lector que vos caracterizou no ano pasado. UN FORTE SAÚDO.