martes, 18 de decembro de 2018

PARA ESTE NADAL...

Todos estamos ilusionados coa chegada das vacacións do Nadal. Por este motivo, o Mouchiño fixo unha selección de libros para estas datas tan sinaladas.

luns, 3 de decembro de 2018

NADAL

Comeza o mes de decembro. Os estudantes móstranse moi nerviosos ante os derradeiros exames do ano e afrontan con ilusión a chegada das vacacións de Nadal. Na biblioteca escolar quixemos poñer o noso gran de area neste mes tan entrañable de reencontros familiares.