mércores, 29 de outubro de 2014
ACTIVIDADES SAMAÍN/ HALLOWEEN
A Biblioteca Escolar e mailo Departamento de Bilingüismo realizaron actividades lúdico-festivas sobre o Samaín e o Halloween para os rapaces de 3º e 4º Primaria.Os rapaces de 3º Primaria asistiron a un teatro de guiñois coordinado pola profesora Alejandra e un grupo de dispostos rapaces de 3º e unha sesión de contacontos en galego ("A bruxa enrabechada")
PROXECTO INTERDISCIPLINAR
Esta mañá acollemos na biblioteca aos rapaces de 1º ESO cos seus proxectos interdisciplinares sobre tres grandes civilizacións: a grega, a romana e a exipcia. Velaquí algunhas mostras do seu labor investigador.
luns, 27 de outubro de 2014
CONTACONTOS: "FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS"
Trala sesión de contacontos do venres co grupo de 1º A, hoxe foi a quenda de 1ºB e 1ºC.
1º Lémoslles o conto de "FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS" (OQO EDITORA)
2º Escribiron os rapaces cadanseu medo na metade dun papel.
3º Depositaron os seus medos nun baúl
4º Despedíronse dos seus medos cunha forte gargallada
5º Elaboraron unha marcapáxinas coa figura dun monstro.
venres, 24 de outubro de 2014
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Con motivo do Día das Bibliotecas, e dada a proximidade do Samaín, realizamos unha sesión de contacontos cos rapaces de 1º Primaria A.
Logo da sesión de contacontos, os rapaces expresaron os seus medos nunha folla e gardáronos nun para soterralos
Esquecidos os rapaces dos seus medos, fixeron un marcapáxinas terrorífico propio de tan aterradoras datas.
Moitas grazas a Pilar e a este público tan entregado.
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!
xoves, 23 de outubro de 2014
SAMAÍN
Como sabedes, queda pouco máis dunha semana para Samaín. O Samaín é unha festa de orixe celta que celebra o comezo do inverno para este antigo pobo. Precisamente coincidindo co inverno, as noite empezan a ser máis longas e máis escuras e, por esta razón, a liña divisoria entre o mundo dos vivos e dos mortos era moi tenue nestes días. De aí que no moderno Halloween se estendese o costume de disfrazarense as persoas de figuras fantasmagóricas e aterradoras
Para celebrar esta efeméride, tedes á vosa disposición na biblioteca do centro unha selección de libros ambientados nesta festa.
LÉDEOS.
luns, 20 de outubro de 2014
CARNÉ DA BIBLIOTECA
Aínda que a maioría xa o sabedes, cómpre recordar o emprego do carné da biblioteca. Todos aqueles que queirades levar prestado un libro para o voso domicilio debedes facer un carné da biblioteca. Con el, poderedes pedir o préstamo dun libro durante 15 días prorrogables. Cada vez que leades 21 libros (e comprobemos que os lestes), cambiaredes de cor. Aquí vos mostro os primeiros:
.venres, 17 de outubro de 2014
PARA QUE SERVE UNHA BIBLIOTECA?
Queda pouco para o día das Bibliotecas, o 24 de outubro. Para celebrar esa efeméride, déixovos no aire dúas preguntas. a) Para que serve unha biblioteca? b) Como vos gustaría que fose a vosa biblioteca? Podedes expresarvos por palabras, por debuxos, por medio de graffitis.....SIMPLEMENTE DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN. Os vosos debuxos publicarémolos no blog. GRAZAS E DISFRUTADE DO DÍA.
domingo, 12 de outubro de 2014
OS LIBROS MÁIS LIDOS (SETEMBRO-OUTUBRO 2014)
Aquí presentamos a lista de libros máis lidos polos alumnos de Primaria do colexio:
1. El capitán Calzoncillos y las aventuras de Superpañal 2. Carlota y los piratas 3. Astérix e os godosAsí mesmo queremos felicitar a Aníbal L. L. (5ºB ), a Javier R. A.(4ºC) e Xoel N. L.(5ºB) por seren os lectores máis voraces ata o momento
martes, 7 de outubro de 2014
EDGAR ALLAN POE
Un día coma hoxe de 1849 morreu
Edgar Allan Poe,
considerado un dos xenios das literatura de misterio e terror.luns, 6 de outubro de 2014
AGRADECEMENTO
A nosa mascota, o Mouchiño, quere agradecervos as vosas visitas á biblioteca e o entusiasmo que mostrades ao ler os libros. Así mesmo, tamén vos quere avisar de que estamos renovando coa maior rapidez posible os vosos carnés das biblioteca escolar. Se os tedes caducados ou se cambiastes de carné, pasade pola biblioteca axiña.
SAÚDOS.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)