xoves, 28 de abril de 2016

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (IV)

Chegamos á recta final da Semana temática da Bibliotecas. O Mouchiño mándavos saúdos a todos e agradece o voso entusiasmo. entusiasmo cos marcápaxinas, entusiasmo mentres vos convertiades en "actores de dobraxe" de Don Quijote e Sancho na aventura contra o rabaño de ovellas, entusiasmo ao participar na xincana sobre os dous autores homenaxeados... Foi toda una sorte contar coa vosa presenza.

venres, 22 de abril de 2016

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (III)

E seguen pasando máis grupos pola biblioteca para homenaxear a Cervantes e Shakespeare. Para os alumnos de 3º e 4º Primaria creamos unhas breves diapositivas e logo fixeron uns crebacabezas con preguntas dos autores. Velaquí unhas imaxes das actividades levadas a cabo.


mércores, 20 de abril de 2016

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (II)

Xa está preto o Día do Libro, o 23 de abril. Dada a celebración do IV Centenario queremos deixarvos algunhas ligazóns que poden ser do voso interese para aprofundar na vida e obra de Shakespeare e Cervantes.


CERVANTES


IV Centenario de la muerte de Cervantes 


Miguel de Cervantes Saavedra (Centro de Estudios Cervantinos - Universidad de Alcalá de Henares)


Cervantes y Shakespeare. Especiales 2016 en El País

"Los amigos del señor Cervantes" in EL MUNDO, 22 de abril de 2016



SHAKESPEARE



¿Cómo Shakespeare se convirtió en Shakespeare? El enigma en El Confidencial, 20 de abril de 2016

martes, 19 de abril de 2016

HISTORIA DA INSTITUCIÓN MARISTA

Chegando ás portas do bicentenario da Institución Marista (1817-2017), acabamos de recibir na biblioteca escolar o tomo 1 da Historia del Instituto. Del pueblo de Marlhes a la expansión mundial (1789-1907), do irmán marista André Lanfrey. Un obra de consulta indispensable para a comunidade marista.

 

A obra, composta de varios volumes, fai un percorrido neste primeiro tomo pola xuventude de Marcelino Champagnat, o lugar La Valla-en-Gier, a fundación da Sociedade de María, os piares do pensamento educativo marista no S. XIX, a expansión internacional (1880-1907) e  remata cunha conclusión xeral titulada “La espiritualidad como clave de lectura fundamental”.



En suma, unha obra de referencia para os educadores maristas e para toda aquela persoa interesada en mergullarse na historia, principios fundacin e devir da institución marista. 


SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (I)

Onte comezamos a celebrar a Semana Temática da biblioteca. Dende o 18 ao 29 de abril visitarannos na biblioteca todos os grupos do colexio que o desexen para coñecer un chisco máis a Cervantes e Shakespeare, os personaxes homenaxeados nesta edición. Precisamente en 2016 festexamos o IV centenario da morte de ámbolos dous autores da literatura universal.

Cos alumnos de 4º ESO promovemos as seguintes actividades:


1. Breves diapositivas xustificando a importancia dos autores elixidos para a literatura universal.



2. Visualización dun fragmento da serie de TV "Ministerio del Tiempo", cap. 11. "Tiempo de hidalgos" (minutos 60-64), nos cales Cervantes se despraza ao século XXI e fica asombrado pola repercusión e fama da súa obra.




3. Realización dun xogo a imitación do popular "Pasapalabra" sobre Cervantes e Shakespeare.

mércores, 6 de abril de 2016

VANGARDAS ARTÍSTICAS DO SÉCULO XX

Repetimos. Os alumnos de 4º ESO quixeron volver visitar a nosa biblioteca, mais cun novo proxecto. Desta vez foi co profesor de Plástica para facer pesquisas e indagacións sobre as vangardas artísticas do século XX. Mirade que ben o pasan traballando sobre este tema!

martes, 5 de abril de 2016

XERACIÓN DO 98

Unamuno, Pío Baroja, Valle-Inclán, Machado. Efectivamente, son os nomes de algúns dos escritores máis importantes da xeración do 98. Sobre este tema indagaron hoxe os alumnos de 4º ESO na biblioteca escolar como complemento á unidade didáctica que están tratando sobre esta xeración literaria. Unha vez dispostos nas súas cadeiras, contemplaron atentos un pequeno documental, de 9 minutos de duración sobre os xa citados autores.





Nun momento posterior, puideron deleitarse coa lectura dunha selección de libros de autores desta época e, como colofón da actividade, os máis atrevidos puideron recitar algúns poemas de Unamuno, Antonio Machado e Manuel Machado. Unha mañá cargada de lirismo na biblioteca!

luns, 4 de abril de 2016

ESTATÍSTICAS

Xa levamos uns cantos días do 3º trimestre deste curso 2015-2016.... e o Mouchiño achéganos diversas estatísticas sobre a Biblioteca.

CLASE MÁIS LECTORA

1º posto: 1ºB -> 439 libros lidos.

2º posto: 1ºC -> 393 libros lidos.

3º posto: 4ºA ->374 libros lidos.

4º posto: 2ºB -> 359 libros lidos.

5º posto: 1ºA -> 344 libros lidos.

6º posto: 3ºC -> 290 libros lidos.


ALUMNOS MÁIS LECTORES

1º posto: Lucía P. M. (72 libros lidos).

2º posto: Martina S. G. (53 libros lidos).

3º posto: Sheyla C. C. (47 libros lidos).

4º posto: Pablo G. M [2ºB] (47 libros lidos).