xoves, 27 de xaneiro de 2022

ORDENADORES MOI DA TERRA

Na nosa biblio ata os equipos informáticos teñen nome propio 🤍💙🤍


Xa sabedes que na biblio non todo son libros, así que ben podedes facer un traballo en Parrulo coma debuxar e imprimir dende Aperta ☺️

mércores, 19 de xaneiro de 2022

ANO NOVO... TÍTULOS NOVOS! 💫

Comezamos o ano cargadiñas de novos libros! cómic, coleccións, álbum ilustrado... e  moitas novidades que aínda están por vir! 



Bulide a por eles antes de que se esgoten! 😚

mércores, 12 de xaneiro de 2022

ENGLISH PARA @S MÁIS PEQUECH@S! 🇬🇧

Que sorte temos no cole de contar con profes tan marvelous como Steve! grazas pola túa doazón! @s nos@s peques poderán gozar destes títulos para comezar ben cedo co Inglés!

See you at the library! 😘