mércores, 21 de decembro de 2016
PREMIOS AOS MÁIS LECTORES
Como remate do trimestre, na biblioteca escolar concedemos os premios aos máis lectores. Velaquí a listaxe de galardonados:
Clase máis lectora: 1ºA
Alumno máis lector: Hugo L. V. (3ºC)
Gañador do Quiz "¡Mesa, trágame!": Nicolás C. R. (1ºA)
Grazas a todos vós pola ilusión e pola participación. O Mouchiño deséxavos un bo nadal e un feliz aninovo.
venres, 16 de decembro de 2016
CRÓNICAS DE NARNIA - RESUMEN
LAS CRÓNICAS DE NARNIA: El león, la bruja y el armario
Los hermanos son enviados a casa del tío en el campo por la guerra. Allí, la pequeña, jugando al escondite, descubre un armario y, al meterse, se abre la puerta del fondo y entra en Narnia. Luego irá convenciendo a todos los hermanos que también entrarán y lucharán, junto a Aslán (el león) contra la reina malvada de las nieves, que reinaba en Narnia. La vencen, reinan ellos por muchos años y un día vuelven a encontrar la puerta del armario y al cruzarla vuelven al mundo real con la misma edad... (pero volverán a Narnia) en otro libro.
Alejandra (5ºB)
mércores, 14 de decembro de 2016
ESTATÍSTICAS 1ª AVALIACIÓN
En chegando ao final do primeiro trimestre, cómpre repasar as estatísticas con respecto á clase máis lectora e aos alumnos máis lectores. Velaquí os resultados achegados a día 14 de decembro.
CLASE MÁIS LECTORA:
1ª posición: 1ºA Primaria (288 libros).
2ª posición: 1ºB Primaria (284 libros).
3ª posición: 1ºC Primaria (238 libros).
4ª posición: 2ºA Primaria (224 libros)
ALUMNOS MÁIS LECTORES
1ª posición: Hugo L. V. (3ºC)(40 libros).
2ª posición: Martín R. B. (1ºA) (35 libros).
3ª posición: Lucía P. M. (2ºC) (32 libros).
4ª posición: Guzmán G. B. (1ºA) (32 libros).
5ª posición: Adrián S. A. (1ºA)(31 libros).
6ª posición: Ana G. M. (1ºC) (28 libros).
7ª posición: Liván G. L.(2ºA) (28 libros).
luns, 12 de decembro de 2016
NADAL (II)
Hoxe, luns 12 de decembro, tivemos a sorte de recibir na biblioteca ao alumnado de 6ºInfantil A, acompañados dos profesores Jorge e Noemí. Os rapaces asistiron a un contacontos inspirado no Nadal sobre o libro "La Navidad de Emilio y Lilú" e, a continuación, pintaron e colorearon unhas letras que logo pegarían en siluetas de abetos:
BO NADAL e FELIZ NAVIDAD.
mércores, 7 de decembro de 2016
O APALPADOR
Chega o Nadal e desde a biblioteca escolar propóñemonos seguir dando a coñecer as tradición e costumes propios deste período de Nadal aos máis novos. Con este pretexto, durante esta semana realizamos (e realizaremos) unha serie de actividades dirixidas aos rapaces de 1º e 2º Primaria.
A primeira parte da actividade consistía na lectura dramatizada dun conto sobre a figura do Apalpador, de Xoán G. publicado en Biblos.
Rematado o conto, os rapaces de 1º Primaria dispuxéronse a escribir nunhas siluetas de bólas de Nadal palabras relacionadas co campo semántico das festas natalicias. Polo contrario, os rapaces de 2º Primaria fixeron unhas caixas de regalo e introduciron dentro delas os seus desexos para os profesores, amigos e familia nestas entrañables datas.
BO NADAL E FELICES FESTAS
O Mouchiño
luns, 5 de decembro de 2016
ESCOLMA DE LIBROS POLO NADAL
Coa chegada do mes de decembro e a proximidade das festas de Nadal, o Mouchiño quere agasallarnos cunha pequena escolma de libros ambientados nesta época. Non desaproveitedes a ocasión de lelos.
xoves, 1 de decembro de 2016
O NADAL
Chega o mes máis agardado polos rapaces. Chega o tempo da ilusión, da fantasía. Todo é posible nestas datas cheas de maxia e desexo. Efectivamente, estamos no decembro. Celebramos o nacemento de Xesús e.....para festexalo, O Mouchiño está engalanando a biblioteca coas súas mellores roupaxes ante a inminente chegada destas entrañables festas para compartir en familia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)