luns, 7 de marzo de 2016

SEMANA DO CÓMIC

Globos, cartuchos, viñetas....Falamos como xa intuídes de elementos do cómic. Durante esta semana e deica o 18 de marzo celebraremos na biblioteca escolar en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística a Semana do Cómic. Comezamos a semana contando coa sempre prezada visita dos alumnos de 2ºA. Os madrugadores alumnos de 2º Primaria viron e leron atentos unha diapositiva sobre os elementos do cómic, logo leron cómics (sobre todo dos Bolechas e de Marcopola) e, finalmente, responderon a un quiz sobre a familia Bolechas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario