venres, 11 de marzo de 2016

SEMANA DO CÓMIC (III)

Outra xornada dedicada ao Cómic en Galego. A primeira hora da mañá, ás 09.30 recibimos á visita dun publico entregado onde os haxa, 4ºB Infantil. Os rapaces deste curso escoitaron atentos como lles contábamos un cómic e, logo, puideron ollar algúns dos exemplares dos Bolechas en banda deseñada. Velaquí algunhas mostras do seu entusiasmo.
Case sen tempo a respirar, a continuación, viñeron visitarnos os alumnos de 3ºC e inmediatamente despois chegou a quenda de 4ºA de Primaria. Ámbolos dous grupos ollaron con atención unha breve explicación do cómic e dos elementos que o forman, logo leron banda deseñada e, finalmente, responderon entusiasmados a unhas preguntas sobre os cómics de Astérix e Obélix e os Bolechas.
Pero, tranquilos, a Semana do Cómic segue a cinco días máis.....desta volta cos alumnos da ESO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario