martes, 25 de xuño de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO VERÁN 😎🌅

🌞 EDUCACIÓN  INFANTIL 🌞


Excéntricos, estrafalarios, orixinais pero, sobre todo, encantadores: así son os personaxes que enchen as páxinas deste divertido libro, no que se busca a risa pola extravagancia e a complicidade cos pequenos lectores e lectoras.


Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que acenderon o mundo.


Celebremos o trinta e cinco aniversario de Elmer con esta nova aventura! Mañá é os aniversario de Elmer e os elefantes decidiron gastarlle unha broma: finxirán que non o lembran e pediranlle a todos na selva que fagan o mesmo. León, Tigre, Eldo, Xirafa… todos tratan de opoñerse, pero ao final... A quen non lle gusta unha sorpresa cun bo pastel?

🌞 1º  E  2º DE PRIMARIA 🌞


Do universo de Unicornia temos o caderno máis máxico e con máis brilli-brilli. Benvidos á Escola de Maxia Superior de Unicornia! Este curso especial de verán está cheiño de actividades máxicas, exercicios de repaso divertidísimos e unha infinidade de aventuras.



É un solleiro día de verán. As praias de Baía Animal están concorridas de bañistas. De súpeto, aos mandos dunha lancha, un grupo de coellos toleiráns sementa o pánico coa súa condución temeraria. De onde saíron? En que academia lles deron o título de pilotos? Unha tolemia protagonizada por un grupo de excéntricos coellos que darán moito que falar.


Curriño non necesita presentación: é o can máis famoso de Internet! Vive a corpo de rei, faltaría máis! Dorme na cama da súa humana, aliméntano con penso de importación e acicálano tres veces por semana. O que merece unha estrela coma el, vaia! Por desgraza, Curriño está a piques de descubrir que a vida fóra da súa mansión con sete cuartos de baño, jacuzzi e vistas ao mar é moito máis dura do que el cheiraba...

🌞 3º e  4º DE  PRIMARIA 🌞

Lily, a protagonista da nosa historia, é unha bruxa que acaba de chegar á cidade de Piedravalle. Alí tratará de adaptarse á súa nova casa, o seu novo colexio e as súas novas amigas. Todo un reto para unha bruxiña novata que, ademais, aínda está a aprender a utilizar os seus poderes. Xunto ás súas amigas, tratasen de salvagardar a cidade de todo perigo pero, está claro… Sen que ninguén descubra que son bruxas! 

Sil leva unha tempada algo triste: aínda non se adaptou ao cambio de cidade e estalle a custar facer novas amizades. Un día aparece diante da súa casa un can xigantesco, ao que lle pon de nome Sultán, e todo cambia por completo. Sil descobre que Sultán ten poderes máxicos... aínda que algo fedorentos e de consecuencias pouco desexables. Poderá Sil axudar a que Sultán controle os seus poderes?

Nada hai máis san, nin que promova máis o compañeirismo, que o deporte. Iso pensa Perro Apestoso, por iso non dubida en propoñerlle ao seu fiel amigo Gatochato a celebración duns Xogos Olímpicos.


🌞 5º E  6º DE  PRIMARIA 🌞

A Annie encántalle vivir en Hichory Valley. Pero está farta de sentirse espachurrada polos seus seis irmáns: son ruidosos e caóticos. Annie trama un plan para conseguir a súa propia habitación, mentres tenta que Max durma pola noite, enfróntase aos cambios nas súas amizades e traballa nunha obra de arte para a feira. E cando Annie decátase de que a súa familia podería mudarse alén do país, as cousas complícanse aínda máis.

Este libro, da man da televisiva chef Ana Parellada, non é soamente un receitario de cociña sa e divertida. É tamén un perfecto manual para tomar conciencia da pegada ecolóxica da nosa vida cotiá. Grazas a el, aprenderemos a xestionar a nosa compra con produtos de tempada e de proximidade, e como o consumo responsable pode contribuír a preservar a natureza que nos rodea. 



Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable que se presenta ás eleccións municipais polo PAI: a plataforma antianimalista que pretende acabar cos gatos da rúa. Catarina ponse a traballar pola súa conta para boicotear a campaña.

🌞 ESO 🌞

Vega e Ámbar son dúas adolescentes de 16 anos que deciden concursar en «Idol!», un «talent show» onde un grupo de rapazas probarán sorte para tentar convertérense en estrelas da música. Pero non vai ser nada doado...


Érase unha vez unha casa, unha casa marabillosa: tiña xardín, faiado e soto. Só lle faltába unha piscina. E os habitantes… eran boa xente, aínda que ás veces podían ser un pouco estrafalarios. Ou directamente un auténtico desastre… unha cousa é ben segura: nesta casa é imposible aburrirse.


Na escuridade somos libres. Ninguén nos molesta. Ninguén entra no noso mundo fabulosamente negro. A luz é a nosa inimiga. Cando sae o sol, con el espertan os imitadores, que non nos deixan en paz ata o solpor. Na escuridade somos libres. Por iso adoramos a noite.


Mai é unha nena de 13 anos que non se desenvolve ben no colexio polo que os seus pais envían a pasar un verán coa súa avoa. Con ela, a pequena pode levar unha vida tranquila, aprender sobre as tarefas do campo, o coidado das plantas etc. Unha rutina sinxela que constrúe un espazo seguro no que Mai pode exporlle á súa avoa cuestións que outros adultos non parecen tomarse moi en serio ou que simplemente prefiren non tocar cunha nena. Por exemplo: “Que pasa cando morremos?”



Elsa acaba de mudarse cos seus pais para rexentar un hotel nun pobo illado. O seu novo fogar, segundo descobren moi pronto, é un lugar misterioso e con veciños bastante singulares. Hai alguén... ou algo na bufarda que non lles permite o paso. E ruídos estraños. E cadros que cambian... Historia inquietante con seres sobrenaturais e elementos escuros que bebe de clásicos de terror ao estilo de Poe, Lovecraft ou as lendas de Bécquer.


É difícil encaixar nun pobo de paxaros cando es un cervo. O verán que vin luces na illa, eu esperaba moitas cousas. Algunhas grandes e outras pequenas. Esperaba que o meu pai aceptase que quería irme do pobo; esperaba que Samuel baixase á praia; esperaba que Alicia e Clara me visen tal e como era, e non como querían que fose; esperaba encaixar dalgunha maneira, aínda que fose para despedirme...

Ningún comentario:

Publicar un comentario