luns, 29 de maio de 2023

SEMANAS DA BIBLIO 🌈📓

A nosa semana da biblioteca converteuse  practicamente nun mes de traballo para que todas as etapas educativas do centro puidesen gozar dos diferentes talleres  que preparamos para festexar o día do libro, baseados no proxecto anual de centro OllArte, convertémonos en artistas sobradamente preparados para crear, aprender e soñar!

Comezamos cos artistas máis miudiños:

Os contacontos  para infantil “Soy un artista” de Marta Altés foron un éxito! (E que este conto é unha delicia, ademais de todos os matices que ten é realmente gracioso), seguimos cun taller de pintura no que coñecemos e versionamos aos seguintes artistas.

-Henry Matisse

-Paul Klee

-Piet Mondrian

-Yayoi Kusama

Para a seguinte etapa (primaria) variamos os contidos dos talleres segundo o ciclo do alumnado:

Os de primeiro ciclo gozaron tamén do contacontos “Soy un artista” e comezaron un mural colaborativo que se expuxo nos corredores do centro.


Para o alumnado de segundo e terceiro ciclo a proposta xirou ao redor do muralismo,  coñecemos e debatemos sobre o arte urbano, sobre o muralismo na nosa cidade  e  visionamos un  vídeo sobre as últimas nove edicións do proxecto “Vigo Cidade de Cor”.

Rematamos a sesión cuns bigotes ao estilo Dalí para inspirarnos e facer a nosa aportación ao mural.


Finalmente co alumnado da ESO continuamos co muralismo co visionado do vídeo e dando paso a un debate en máis profundidade entorno ó arte urbano, os graffitis, vandalismo ou forma de expresión?... e rematamos a sesión coa realización dun collage, onde tiñan que mesturar os diferentes elementos que lles proporcionamos na creación dun mural no que xogaran coas texturas e os cores, con sentido estético e con contido, libre e no que asomase unha intención ou unha mensaxe final.


Foron semanas de creatividade e de encontros inspiradores, dende os máis pequenos ata os maiores puxeron o seu gran de cor  na actividade máis intensa da biblio. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario