Saudiños lectores! 💓
Biblioteca Escolar Marista El Pilar
Blog da biblioteca escolar do colexio Marista El Pilar
venres, 25 de outubro de 2024
RETO LECTOR 💪🏆
martes, 24 de setembro de 2024
martes, 25 de xuño de 2024
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO VERÁN 😎🌅
🌞 EDUCACIÓN INFANTIL 🌞
Do universo de Unicornia temos o caderno máis máxico e con máis brilli-brilli. Benvidos á Escola de
Maxia Superior de Unicornia! Este curso especial de verán está cheiño de actividades máxicas, exercicios de repaso divertidísimos e unha
infinidade de aventuras.
Curriño non necesita
presentación: é o can máis famoso de Internet! Vive a corpo de rei, faltaría
máis! Dorme na cama da súa humana, aliméntano con penso de importación e
acicálano tres veces por semana. O que merece unha estrela coma el, vaia! Por
desgraza, Curriño está a piques de descubrir que a vida fóra da súa mansión con
sete cuartos de baño, jacuzzi e vistas ao mar é moito máis dura do que el
cheiraba...
Lily, a protagonista da nosa historia, é unha bruxa que acaba de chegar á cidade de Piedravalle. Alí tratará de adaptarse á súa nova casa, o seu novo colexio e as súas novas amigas. Todo un reto para unha bruxiña novata que, ademais, aínda está a aprender a utilizar os seus poderes. Xunto ás súas amigas, tratasen de salvagardar a cidade de todo perigo pero, está claro… Sen que ninguén descubra que son bruxas!
Sil leva unha tempada algo triste: aínda non se
adaptou ao cambio de cidade e estalle a custar facer novas amizades. Un día
aparece diante da súa casa un can xigantesco, ao que lle pon de nome Sultán, e
todo cambia por completo. Sil descobre que Sultán ten poderes máxicos... aínda
que algo fedorentos e de consecuencias pouco desexables. Poderá Sil axudar a
que Sultán controle os seus poderes?
Nada hai máis san, nin que promova máis
o compañeirismo, que o deporte. Iso pensa Perro Apestoso, por iso non dubida en propoñerlle ao seu fiel amigo Gatochato a celebración duns Xogos Olímpicos.
🌞 5º E 6º DE PRIMARIA 🌞
Este libro, da man da televisiva chef Ana Parellada, non é soamente un receitario de cociña sa e divertida. É tamén un perfecto manual para tomar conciencia da pegada ecolóxica da nosa vida cotiá. Grazas a el, aprenderemos a xestionar a nosa compra con produtos de tempada e de proximidade, e como o consumo responsable pode contribuír a preservar a natureza que nos rodea.
🌞 ESO 🌞
Vega e Ámbar son dúas adolescentes de 16 anos que deciden concursar en «Idol!», un «talent show» onde un grupo de rapazas probarán sorte para tentar convertérense en estrelas da música. Pero non vai ser nada doado...
Elsa acaba de mudarse cos seus pais para
rexentar un hotel nun pobo illado. O seu novo fogar, segundo descobren moi
pronto, é un lugar misterioso e con veciños bastante singulares. Hai alguén...
ou algo na bufarda que non lles permite o paso. E ruídos estraños. E cadros que
cambian... Historia inquietante con seres sobrenaturais e elementos escuros que
bebe de clásicos de terror ao estilo de Poe, Lovecraft ou as lendas de Bécquer.
martes, 12 de marzo de 2024
PODCAST HISTORIA DE ESPAÑA 🎤📻
Moi bo día! 😊
Por aquí vos deixamos o resultado dos Podcast feitos polo alumnado de 4º da ESO para as materias de Historia e Galego do proxecto "A Historia é Noticia" cuxo obxectivo foi contar unha parte da historia de España do S.XIX a partir dun feito concreto escollido por el@s cun formato radiofónico actual e dinámico. Premede en cada enlace e ... subide o volume!
4º ESO A→
4º ESO B→
4º ESO B→
mércores, 25 de outubro de 2023
DÍA DAS BIBLIOTECAS ✨📚
luns, 29 de maio de 2023
SEMANAS DA BIBLIO 🌈📓
A nosa semana da biblioteca converteuse practicamente nun mes de traballo para que todas as etapas educativas do centro puidesen gozar dos diferentes talleres que preparamos para festexar o día do libro, baseados no proxecto anual de centro OllArte, convertémonos en artistas sobradamente preparados para crear, aprender e soñar!
Comezamos cos artistas máis miudiños:
Os contacontos para infantil “Soy un artista” de Marta Altés foron
un éxito! (E que este conto é unha delicia, ademais de todos os matices que ten
é realmente gracioso), seguimos cun taller de pintura no que coñecemos e versionamos
aos seguintes artistas.
-Henry Matisse
-Paul Klee
-Piet Mondrian
-Yayoi Kusama
Para a seguinte etapa (primaria) variamos os
contidos dos talleres segundo o ciclo do alumnado:
Os de primeiro ciclo gozaron tamén do
contacontos “Soy un artista” e comezaron un mural colaborativo que se expuxo
nos corredores do centro.
Rematamos a sesión cuns bigotes ao estilo Dalí para inspirarnos e facer a nosa aportación ao mural.
Finalmente co alumnado da ESO continuamos co
muralismo co visionado do vídeo e dando paso a un debate en máis profundidade
entorno ó arte urbano, os graffitis, vandalismo ou forma de expresión?... e
rematamos a sesión coa realización dun collage, onde tiñan que mesturar os
diferentes elementos que lles proporcionamos na creación dun mural no que
xogaran coas texturas e os cores, con sentido estético e con contido, libre e
no que asomase unha intención ou unha mensaxe final.
mércores, 26 de abril de 2023
BIBLIOPODCAST CLUB DE LECTURA 📻🔊
Estamos de estrea! o pasado luns no Club de Lectura aproveitamos para xantar tod@s xunt@s, comentamos as receitas do libro de Yolanda Castaño e Andrea Costas “Cociñando ao pé da letra” e gravamos o primeiro Podcast do noso club co novo micro da biblio que... semella fai maxia coas nosas voces e elimina os sons impostores.
Esperamos que gocedes deste podcast! facede click na imaxe para coñecernos un pouquiño mellor 😄😎