Pero hai algo que nos diverta máis que pasar un pouquiño de medo?
Aquí tedes unha boa dose de medo! e para o alumnado de infantil xa temos preparado contacontos de Samaín, este ano os máis miudiños gozarán deste terrorífico conto!
Pero hai algo que nos diverta máis que pasar un pouquiño de medo?
Aquí tedes unha boa dose de medo! e para o alumnado de infantil xa temos preparado contacontos de Samaín, este ano os máis miudiños gozarán deste terrorífico conto!
Comeza o curso na biblio e non podía ser de mellor maneira que coa visita d@s nov@s lector@s de 1º de Primaria que comezan a súa andaina lectora cos seus novos carnés de socios e os seus primeiros contos na carteira!
O prometido é
débeda! Déixovos por aquí algunhas recomendacións para que os fagades cun libriño amigo para gozar dunha
boa lectura estival, moi boas vacacións
a tod@s!
En Os nosos mares as fermosas ilustracións amósannos a riqueza de vida que agocha o mar galego, invitándonos a esculcalas e coñecer os bosques somerxidos e os diferentes fondos mariños…
IDADE: PRIMEIROS LECTORES
¡Hola! Soy Lola y aquí estoy de nuevo con mi hermano Toni y nuestra pediatra favorita, Lucía, dándole la bienvenida al verano.
IDADE: PRIMEIROS LECTORES
Botella imaginaba una vida llena de aventuras. Terminar metida en un cubo amarillo de reciclaje… no le parecía un gran plan. Aunque muchos no saben, que cuando anochece, estos cubos se transforman en lugares mágicos llenos de personajes que bailan, cantan… y sueñan. IDADE: PRIMEIROS LECTORES
Cósmico é un bombeiro galáctico que só pensa nas medallas que gañará apagando incendios. Comprenderá a verdadeira importancia de loitar contra o lume? BANDA DESEÑADA (A PARTIR DE 6)
Ángela Curro ofrécenos nesta Banda Deseñada de ciencia ficción, unha aventura nun futuro próximo no que as viaxes no tempo están comercializadas e ao alcance de calquera, pero tamén teñen uns límites que é mellor non cruzar. BANDA DESEÑADA (A PARTIR DE 6)
LIBRO 3D - (A PARTIR DE 6)
La última sirena es una historia fascinante sobre la amistad, la magia del mar, y todo lo que un verano puede cambiar nuestras vidas. IDADE: A PARTIR DE 9
IDADE: A PARTIR DE 6
Mañá dará comezo a feira do libro na nosa cidade e poderedes gozar dunha extensa programación de actividades paralelas como encontros con autores, espectáculos, contacontos etc. Podedes ver toda a programación facendo clic na imaxe! 😁
Onte rematou o curso e tod@s estamos moi emocionados co comezo das vacacións! Temos un longo verán por diante que haberá que aproveitar ao máximo posible, algúns de vos viredes ao campamento e seguiremos a mirarnos as caras durante un tempo máis e outr@s estaredes mergullad@s nalgunha piscina ou no mar dunha fermosa praia, pero tod@s gozaremos dun merecido descanso das obrigacións e tarefas. Dentro dese merecido descanso, entre trasnada e trasnada, tratade de atopar tempo para unha boa lectura de verán, unha nova aventura de Stilton, un misterio dos Compas ou algunha argallada de Anna Kadabra ... máis adiante xa vos deixarei por aquí algunhas recomendacións.
Bo Verán!
Boas lecturas!
Atopade un libriño amigo e xa me contaredes.
Ata o curso que ven! Vémonos na biblio! 😊
Por fin temos @s gañador@s do concurso do día
do libro! e son @s que seguen:
Na categoría de Educación Infantil, o gañador é Brais Haro Fernández de 4ºB coa súa cuncha de peregrino e temos de agasallo para el unha caixa con material escolar para que siga gozando das manualidades.
No Primeiro Ciclo de Educación Primaria a gañadora é Elvira Santín Fernández de 2ºA coa mascota “Frechi”.
No Segundo Ciclo de Educación Primaria a
gañadora é Sofía Bouzas Bobos coa súa mascota “Pulpigrino”.
E rematamos co Terceiro Ciclo, coas gañadoras do TikTok do camiño, Victoria Pérez Lucchini (5ºC), Ainara Villar Martínez (5ªC) e Carla Lago Darwich (5ºB).
Para todas elas e para as demais gañadoras de Educación Primaria o premio é entradas de cine e flocos de millo!
Grazas a tod@s pola vosa participación e pola vosa creatividade! Parabens para tod@s!
Vémonos na biblio 😘
Na web primaveradasletras.gal tedes info sobre a súa vida e obra ademais de material e recursos molóns para xogar e pintar.