Feliz
día das letras galegas a tod@s! Este ano está dedicado ao poeta de Valdeorras Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) invítovos a festexar este día en galego, ou polo
menos, usando as verbas que máis vos gustan.
Podedes comezar cantando esta canción adaptada do poema de Florencio "Aí vén o Maio":
Aí ven o Maio pola porta do xardín,
aí ven o maio de enterrar ao pai Abril,
Aí ven o Maio pola porta da devesa,
hai ven o Maio cos seus brincos de cereixas.
Aí ven o Maio,
Maíño, Maiolo;
na verde camisa
botóns de amorodos;
monteira florida,
a roupa das festas;
e un caraveliño
por riba da orella;
Aí ven o Maio pola porta do soutelo,
aí ven o Maio có seu colete amarelo.
Aí ven o Maio pola porta do valado,
aí ven o Maio co seu traxiño branco.
Aí ven o Maio,
Maíño, Maiolo;
na verde camisa
botóns de amorodos;
peites de silveiras
peitéanlle o cabelo,
anda a namorare
coma un mozo cedo.
Na web primaveradasletras.gal tedes info sobre a súa vida e obra ademais de material e recursos molóns para xogar e pintar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario