xoves, 7 de abril de 2022

CONCURSO DÍA DO LIBRO 🏆


Amiguis! a que agardades para preparar as vosas propostas para o concurso do día do libro?

O alumnado de Infantil pode decorar unha cuncha de vieira como máis lle guste, o de Educación Primaria (1º ata 4º) poden deseñar e  presentarnos unha Mascota Xacobea, co seu nome e a súa historia, e por último o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e a E.S.O. podedes ir argallando un TikTok ou calquera outro vídeo cunha historia sobre o camiño.

Poñédevos creativ@s e imaxinativ@s que iso é o que imos premiar!

Máis info na biblio! 😎


mércores, 30 de marzo de 2022

NOVIDADES PRIMAVERAIS 🌻📖

Ao igual ca primavera voltan as novidades a nosa biblio!

E que agradecid@s estamos con esta achega do ANPA do colexio en forma de libriños molóns, libros que chegan para completar coleccións e agromar ilusións!  😊

Pero... que era o que quereriades? 

Ah estupendo! pois podedes dispoñer deles a partir desta semana e mentres botádelle unha ollada ao seguinte vídeo!

Saudiños lectores! 😚

mércores, 23 de marzo de 2022

LEDICIA COSTAS 📚💐

A pasada semana tivemos a sorte de contar  no colexio cunha das nosas escritoras de cabeceira, Ledicia Costas, creadora da marabillosa Señorita Bubble, de Escarlatina, a cociñeira cadáver, A balada dos unicornios, Vampira de biblioteca e  un prolífero etc. 


A autora falounos das personaxes dos seus libros, das súas fontes de inspiración e de cando e como comezou a escribir,  e como unha mala nota nun exame empurrouna a escribir e a publicar o seu primeiro libro.


A Ledicia gústalle comer chocolate, xogar a Nintendo e visitar cemiterios, ficou abraiada cunha boneca que lle regalaran de pequena, unha Nancy Selene que marcaría dun xeito moi claro a súa traxectoria como escritora.

Grazas Ledicia por compartir connosco esas anécdotas e vivencias que de nena, fixéronche ser a muller e a escritora que agora és.

🤍✨💐


mércores, 9 de marzo de 2022

8M na Biblio! 💜💪

Onte foi 8M, día da muller, e durante esta semana na biblioteca  ofreceremos uns ciclos de curtas animadas e faladoiros sobre a orixe e o significado do 8M e do feminismo.

    Mostra de libros de poetisas galegas

    Libros de autoras de "Máis Rosalías" (proxecto de 4° ESO) 

Curtametraxe de Pixar "Purl" 

Curta animada "8 de Marzo Día Internacional de la Mujer" de Draw My Life

"A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano" 

Concepción Arenal

venres, 25 de febreiro de 2022

XA CHEGOU O ENTROIDO! 👹

A estas alturas e grazas aos vosos profes tod@s sodes uns expertos no entroido galego, pero por si xurdisen algunhas dúbidas Os Bolechas déixanvolo ben clariño neste entretido manual.

(ao final ten actividades, carautas e receitas 😊) Clica na imaxe!


mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA 🌿💜📙

 Arriba

todas, rapaciñas do lugar!,

que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar.
Arriba!
Arriba, toleirona mocidad!

"Cantares gallegos", 1863

Feliz día de Rosalía! Hoxe é un día moi importante no noso colexio, levamos un tempo traballando arreo para festexar esta data como ben se merece! Arte, lecturas dos seus versos, proxeccións...  ate menú especial no comedor!


    
 

       



E aquí quédavos debuxada a vida e obra da nosa homenaxeada 😍


Sempre Rosalía! 🤍💙🤍


venres, 11 de febreiro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 💜

Estas afoutas mulleres do mañá recoméndanvos lecturas sobre outras mulleres que foron unhas cracks no seu tempo e no seu traballo, matemáticas, químicas, biólogas, médicas, astronautas ...  nenas e mulleres na ciencia!