A pasada semana tivemos a sorte de contar no colexio cunha das
nosas escritoras de cabeceira, Ledicia
Costas, creadora da marabillosa Señorita
Bubble, de Escarlatina, a cociñeira
cadáver, A balada dos unicornios,
Vampira de biblioteca e un prolífero etc.
A autora falounos das personaxes dos seus
libros, das súas fontes de inspiración e de cando e como comezou a escribir, e como
unha mala nota nun exame empurrouna a escribir e a publicar o seu primeiro libro.
A Ledicia gústalle comer chocolate, xogar a Nintendo e visitar cemiterios, ficou abraiada cunha
boneca que lle regalaran de pequena, unha Nancy Selene que marcaría dun xeito moi claro a súa traxectoria como escritora.
Grazas Ledicia por compartir connosco esas anécdotas e vivencias que de nena, fixéronche ser a muller e a escritora que agora és.
🤍✨💐
Ningún comentario:
Publicar un comentario