Moi boas amiguiñ@s e moi feliz día do libro! espero que esteades a gozar de todas as estupendas actividades organizadas no cole esta semana tan especial. Por aquí vouvos a deixar un vídeo moi motivador que reflicte as sensacións que nos produce unha boa lectura, e tamén un reto lector para facer ao longo deste ano!
Por fin chegaron! Xa dispoñemos na biblio dunha boa mostra de shonens manga para deleitarvos ou iniciarvos no mundo do cómic
xaponés, dando resposta a última xunta de delegados onde pediades mangas para a
biblioteca. Por este motivo e xa que a petición veu de parte do alumnado da ESO, durante dúas semanas terán prioridade no servizo de empréstito, pasando despois
a disposición do resto dos cursos de EP.
Tamén temos unha pequena expo sobre o mundo do manga que non vos podedes perder!
Moi boas rapazada! Xa estamos de entroido! tempo
de carautas, maquillaxes e de saborosas sobremesas, e aínda que o que máis nos
apetece e disfrazarnos de Hulk, de Wonder Woman ou de astronautas, tamén é importante lembrarnos que o entroido é unha das
festas mais importantes da cultura galega.
Nesta curta podedes ver distintos traxes
típicos do entroido galego, traxes singulares cheos de cor e de historia. Se estades ben atent@s ata podedes sentir o frío que fai nos pobos e aldeas que saen nas imaxes!
E canto sabemos do entroido? 🤔 Aventúrate a facer
este test online premendo no seguinte enlace ☟ e escolle a resposta correcta de entre as 3 opcións!
Feliz Día da Muller e da Nena na Ciencia! O 11 de febreiro foi o día declarado pola ONU "coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas."
Aquí vos deixo algunhas lecturas inspiradoras de científicas que fixeron historia!
Saudiños lectores! e lembrade que as nenas de hoxe serán as científicas do mañá!