Moi boas rapazada! Xa estamos de entroido! tempo de carautas, maquillaxes e de saborosas sobremesas, e aínda que o que máis nos apetece e disfrazarnos de Hulk, de Wonder Woman ou de astronautas, tamén é importante lembrarnos que o entroido é unha das festas mais importantes da cultura galega.
Nesta curta podedes ver distintos traxes típicos do entroido galego, traxes singulares cheos de cor e de historia. Se estades ben atent@s ata podedes sentir o frío que fai nos pobos e aldeas que saen nas imaxes!
E canto sabemos do entroido? 🤔 Aventúrate a facer
este test online premendo no seguinte enlace ☟ e escolle a resposta correcta de entre as 3 opcións!
Pasádeo pipa nestas minivacacións! Saudiños lectores! 😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario