luns, 23 de setembro de 2019

AGORA

Transcorridas dúas semanas dende o inicio do curso escolar 2019-2020, queremos darvos a benvida á nosa biblioteca escolar. Partindo do lema deste ano, AGORA, queremos dicirvos que nos aproximamos aos 10.000 volumes rexistrados na biblioteca neste momento.

O curso 2018-2019 trouxo aspectos moi positivos como foron os 5767 libros prestados. Agora, en setembro de 2019, temos como obxectivos superar esa marca e proseguir co crecemento no préstamo de libros nos últimos cursos de Primaria e na ESO.

Continuaremos ofrecendo actividades de dinamización lectora na biblioteca e renovando o noso blog coma nos cursos anteriores e seguiremos facendo da biblioteca un lugar acolledor neste novo ano académico, que presenta novidades no horario lectivo en Infantil e Primaria.

Sen máis dilación, presentámosvos unha serie de novidades que adquirimos dende a biblioteca para o curso que iniciamos.


Un saúdo

martes, 18 de xuño de 2019

ENTREGA DE PREMIOS

Asistimos a última semana de curso e chega a ansiada entrega de premios aos máis lectores. Desta volta os galardoados foron:

CATEGORÍA A: 1º e 2º Primaria 

Clase máis lectora: 2ºA

Alumna máis lectora: Sofía B. B. (1ºC)


CATEGORÍA B: 3º a 6º Primaria
Clase máis lectora: 4ºB

Alumna máis lectora: Zoe A. M. (5ºA)


Agradecemos a boa acollida que lle dispensades á biblioteca. De feito, este curso superamos os 5759 libros prestados -a mellor marca nos últimos cinco cursos académicos- cun importante aumento de préstamos en 4º Primaria, 5º Primaria e na ESO; polo contrario, en 6º Primaria mantivéronse os préstamos obtidos no último curso académico. 

mércores, 24 de abril de 2019

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA

Coincidindo co Día do Libro, celebramos a Semana Temática da Biblioteca, dedicada nesta ocasión á cultura oriental. Con este proxecto, estamos creando origamis co alumnado de 1º e 2º Primaria; os rapaces de Infantil verán unha obra de teatro con sombras chinesas e, finalmente, os rapaces de 2º e 3º ciclo de Primaria realizarán haikus para a ocasión para logo recitárllelos aos seus compañeiros.
 

xoves, 4 de abril de 2019

RESULTADOS KAHOOT "SEMANA DO CÓMIC"

KAHOOT "SEMANA DO CÓMIC"

1ºCICLO DE PRIMARIA

1. 2ºA  (10 respostas acertadas): 12202 puntos

2. 1ºB (10 respostas acertadas): 12006 puntos

3. 1ºC (10 respostas acertadas): 11974 puntos

4. 2ºC (9 respostas acertadas): 9561 puntos

5. 2ºB (9 respostas acertadas): 8506 puntos


2º E 3º CICLO DE PRIMARIA

1. 4ºB (12 respostas): 14838 puntos

2. 5ºB (12 respostas): 14656 puntos

3. 6ºC (12 respostas): 14347 puntos

4. 6ºB (11 respostas): 12916 puntos




martes, 2 de abril de 2019

SEMANA DO CÓMIC (II)

Proseguimos coa Semana do Cómic. Esta mañá tivemos a fortuna de ter como convidados aos alumnos de 1º Primaria A. Logo dunha rápida explicación acerca dos elementos básicos do comic, os rapaces e rapaces deste curso tiveron uns minutos de lectura silenciosa para realizar a posterior de maneira cooperativa uns quiz baseados nos cómics dos Bolechas.


Aquí vos deixo unha imaxe das preguntas que tiveron que resolver:


luns, 1 de abril de 2019