luns, 23 de setembro de 2019
AGORA
Transcorridas dúas semanas dende o inicio do curso escolar 2019-2020, queremos darvos a benvida á nosa biblioteca escolar. Partindo do lema deste ano, AGORA, queremos dicirvos que nos aproximamos aos 10.000 volumes rexistrados na biblioteca neste momento.
O curso 2018-2019 trouxo aspectos moi positivos como foron os 5767 libros prestados. Agora, en setembro de 2019, temos como obxectivos superar esa marca e proseguir co crecemento no préstamo de libros nos últimos cursos de Primaria e na ESO.
Continuaremos ofrecendo actividades de dinamización lectora na biblioteca e renovando o noso blog coma nos cursos anteriores e seguiremos facendo da biblioteca un lugar acolledor neste novo ano académico, que presenta novidades no horario lectivo en Infantil e Primaria.
Sen máis dilación, presentámosvos unha serie de novidades que adquirimos dende a biblioteca para o curso que iniciamos.
Un saúdo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario