mércores, 27 de maio de 2015

EL PRESIDIO DE PAPÁ NOEL

Érase una vez un señor llamado Papá Noel, quien en sus vacaciones iba con su familia a Hawái. Su viaje era muy cómodo

Mamá Claus: ¡Qué calor! Me voy a comer un polo.

Hijo Claus: !Al portal! !Cuidado con el túnel!

Transportador de maletas: ¡¡¡¡Vamos demasiado rápido!!!!

Policía: ¿Quién conduce este trineo? Lo voy a detener.


Santa Claus: Lo conduzco yo.

Policía: Entonces....Está usted detenido.


Pero, mientras estaba en la cárcel, Santa Claus se escapó...

(CONTINUARÁ)

Autores: Rodrigo C (5ºC) Manuel S. (2ºA)

luns, 25 de maio de 2015

O MALVADO TRUFÓN


Tres gatiños escapan ao bosque e soben a unha árbore. Cerca deles, o malvado Trufón coloca uns cactos debaixo da árbore, prende o lume e pon una serpe. Pobres gatiños!

A raíña non atopa os gatos e pídelle auxilio á policía. A policía atopa os gatiños no bosque. Levan canda eles aos seus cans, adestrados para importantes misións. Onde estarán os gatiños? A policía descobre que Trufón intenta matar os gatiños para poder someter o reino.

A policía arresta ao malvado Trufon e, entón, a Raíña dálle un premio: o premio á mellor policía desde hai cincuenta anos. Grazas!
Como homenaxe, a Raíña tamén ordena facer un monumento da policía salvando aos gatiños. Grazas a eles, os gatiños están salvados.

Autora: Claudia S. (3º Primaria)

OS LIBROS E AUTORES MÁIS LIDOS

Quedan poucas semanas para o remate do curso e consideramos que é bo momento para analizar os datos fornecidos polo programa Abies 2.0 sobre os autores e libros máis lidos.

A día de hoxe, 25 de maio, realizáronse 4978 préstamos de libros entre os rapaces. Entre os devanditos libros prestados elaboramos unha clasificación cos autores máis lidos.

En canto ao blog da biblioteca, publicamos ao longo deste curso 99 entradas e recibimos unas 1284 visitas. Agardamos incrementar estes datos proximamente.

RÁNKING AUTORES MÁIS LIDOS:

Pepe Carreiro (399).- A colección dos "Bolechas" é, sen dúbida, o libro en galego más lido polos rapaces de 1º a 3º Primaria. A Semana do Cómic contribuíu tamén a que sexa o autor máis lido do colexio Marista.


Liesbet Slegers (330).- A colección "Nacho y Laura", "Iago e Uxía" e "Tom and Karen" converten a esta ilustradora belga na segunda máis lida entre os primeiros lectores.


Gerónimo Stilton (303).- É o autor máis lido entre nenos de 7 anos en adiante.


Francisco Ibáñez (176).- A colección de cómics "Mortadelo y Filemón", conseguen que este autor acade o cuarto posto, grazas a lectores de 8 anos en diante.


Renné Goscinny (158).- Quen non leu nunca un cómic de "Astérix e Obélix"? Este é, sen dúbida, un dos autores de banda deseñada máis lidos entre os máis novos.

...

16º Juan Ramón Jiménez (45).- A Semana Temática da Biblioteca reavivou o interese polo autor de "Platero y yo".

venres, 15 de maio de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (VI)

Venres 15 de maio de 2015. Xa só faltan dous días para as Letras Galegas. Hoxe alumnos de 3º e 4º de Primaria pasaron pola biblioteca para indagar máis sobre o autor homenaxeado. Participaron tamén coma os outros grupos no "Concurso do Día das Letras Galegas". Grazas pola vosa acollida.

xoves, 14 de maio de 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (V)

Xa falta pouco. Quedan tres días para o 17 de maio. Esta mañá recibimos a visita de 2ºC e 2ºA de Primaria que non se puideron resistir ao ritmo de "Brinca Vai" e Paco Nogueiras. Logo puxéronse mans á obra para facer carteis commemorativos do Día das Letras.
Chegou, acto seguido, a visita de 1ºA, quen mostraron entusiasmo pola cantidade de cargos que desempeñou Filgueira Valverde ao longo da súa vida. No momento da súa entrada na biblioteca, os rapaces de 1ºA coa súa profesora Pilar agasalláronnos cos seus debuxos coloreados sobre a figura do homenaxeado.
Para dar remate a esta intensa mañá, os alumnos de 1º ESO, coa súa profesora Susana escenificaron na biblioteca o conto dos Bolechas titulado "A Reconquista de Vigo" e puideron ver o vídeo promocional do galego Se eu podo, ti tamén podes, realizado polo Equipo de Dinamización Lingüística.

SE EU PODO, TI TAMÉN PODES

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística vén de presentar o seguinte vídeo titulado Se eu podo, ti tamén podes, protagonizado polos alumnos estranxeiros do centro.

Letras Galegas 2015 "Se eu podo, ti tamén podes" from Colegio Maristas Vigo on Vimeo.

mércores, 13 de maio de 2015

SEMANA LETRAS GALEGAS (IV)

No día de hoxe, alumnos de 5º e 6º de Infantil visitaron a biblioteca para homenaxear a figura de Filgueira Valverde. Dada a idade dos participantes, as actividades programadas para este grupo foron as seguintes: En primeiro lugar, vimos en YouTube o vídeo "Meu o mundo é", de Brinca Vai. Un canto a facer as cousas da vida en galego.
Despois, colaboración de 11 rapazas de Infantil, realizamos o contacontos do libro "Once damas atrevidas", da editorial Kalandraka.
Finalmente, os máis cativos puideron ollar un amplo catálogo de libros en galego adecuado para as súas idades.