luns, 4 de maio de 2015

A CLASE MÁIS LECTORA

Xa estamos na recta final e é un bo momento para recompilar estatísticas sobre o funcionamento da biblioteca.

 A CLASE MÁIS LECTORA

Segundo os datos fornecidos polo programa Abies 2.0, as clases máis lectoras correspóndense co primeiro ciclo de Primaria; 1ºB (con 792 libros lidos) será con toda a seguridade a gañadora neste curso 2014-2015. A continuación, por esta orde, van 2ºC (con 492 libros lidos) e 1ºC (con 442 libros lidos. Este sería o pódium dos grupos máis lectores.

Con respecto ao segundo e terceiro ciclo de Primaria encontramos a 3ºC nun destacable 4º posto (con 389 libros lidos); 4ºA nun meritorio 6º posto; 5ºB, no noveno posto e, finalmente 6ºA no 16º posto.
                        CLASES MÁIS LECTORAS
                     1º.   1ºB
                     2º.   2ºC
                     3º.   1ºC
                     4º.   3ºC
                     ......
                     6º.   4ºA
                     ........
                     9º.   5ºB
                     .......
                     16º.  6ºA
                     

luns, 27 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO (V)

O pasado venres, o grupo de 4ºB acudiu á biblioteca con gallo das actividades do Día do Libro. Os máis deles mostráronse interesados e participativos no noso Quiz literario. Vede con que ímpetu buscan aos catro escritores "misteriosos".

xoves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO (IV)

E POLA TARDE .........
HONRÁRONNOS COA SÚA PRESENZA, 4ºA E 1ºC.

DÍA DO LIBRO (III)

Por fin chegou o día. Xa é o 23 de abril. Os parabéns de Mouchiño a tódolos Xurxos, Xorxes, Jorge...... Durante o día de hoxe rapaces de 1º, 2º e 4º Primaria pasaron pola biblioteca.
Ademais da lectura en voz alta de episodios destacados do Quijote, os rapaces expresaron por escrito cales eran os seus libros favoritos e o motivo polo que tanto lles gustan. Tomaremos nota para vindeiras adquisicións de libros.
FELIZ DÍA DO LIBRO

martes, 21 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO (II)

Hoxe tivemos a esperada visita de alumnos de 5ºA e 6ºB, pola mañá e pola tarde respectivamente. os dous grupos participaron no maratón de lectura do Quijote.
Despois desta actividade, escribiron o nome dos seus libros favoritos.
Como remate, mostraron moita emoción por participar no QUIZ da biblioteca. Moitas grazas polo voso interese.

DÍA DO LIBRO: (I)

O próximo 23 de abril celebramos o Día do Libro. Dado que este ano se conmemora tamén o 400º aniversario da publicación do Quijote, propuxemos a tódolos grupos unha serie de actividades: En primeiro lugar, realizamos unha "maratón de lectura", na cal cada alumno leu un breve fragmento do episodio de don Quijote cos muíños de vento.
Rematada esta actividade, os rapaces expuxeron en breve cuartillas de papel os seus libros favoritos xustificando a súa elección e depositaron as súas escollas na nosa caixa de suxestións. Finalmente, os rapaces participaron no quiz literario proposto pola biblioteca. Grazas ao público entusiasta de 5ºC e ao seu titor.

venres, 17 de abril de 2015

UN INTRUSO EN MI CUADERNO

El cuento que leí se llama Un intruso en mi cuaderno. Se trata de un niño llamado Javier. Un día empieza a ver mariposas en su cuaderno y hace una lista de los niños de su clase para saber quién es el culpable. El culpable era ¿? y no me lo esperaba. La parte que más me gustó es cuando inventan Javier y C. el nombre de "Nubesodahadairitus" o algo parecido. Nacho Viñas Salgado, 3º Primaria