martes, 21 de abril de 2015
DÍA DO LIBRO: (I)
O próximo 23 de abril celebramos o Día do Libro. Dado que este ano se conmemora tamén o 400º aniversario da publicación do Quijote, propuxemos a tódolos grupos unha serie de actividades:
En primeiro lugar, realizamos unha "maratón de lectura", na cal cada alumno leu un breve fragmento do episodio de don Quijote cos muíños de vento.
Rematada esta actividade, os rapaces expuxeron en breve cuartillas de papel os seus libros favoritos xustificando a súa elección e depositaron as súas escollas na nosa caixa de suxestións.
Finalmente, os rapaces participaron no quiz literario proposto pola biblioteca.
Grazas ao público entusiasta de 5ºC e ao seu titor.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario