venres, 15 de maio de 2020
mércores, 13 de maio de 2020
ESTAMOS DE VOLTA!
Ola queridxs
lectorxs! Arrincamos de novo este
blog con moitas ganas e máis ilusión que nunca preto desta data tan especial e máxica
que é o noso Día das Letras Galegas.
Ainda que a biblio esta pechada nestes días incertos, os
libros e os contos poden ser a mellor das compañías e por iso a través deste
blog poderemos comunicarnos e poñernos ao día, así que non dubidedes en participar facendo os comentarios e peticións que se vos ocorran nas publicacións.
Non vos perdades
ningunha publicación para estar ao tanto das novidades da biblio, recursos
online que vos poidan interesar, consellos e orientacións lectoras,
celebracións de datas especiais e moitísimas sorpresas máis.
Saudiños lectores! 😊
martes, 12 de maio de 2020
CONTA ATRÁS PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
https://primaveradasletras.gal/
Nesta web da Real Academia Galega poderás atopar todo tipo de información sobre a vida e obra de Ricardo Carvallo Calero, o marabilloso filólogo e gran educador homenaxeado este ano.
Tes todo tipo de material interactivo, descargables e máis recursos, todo isto recollido nunha páxina ben xeitosa e cun formato moi molón.
Nesta web da Real Academia Galega poderás atopar todo tipo de información sobre a vida e obra de Ricardo Carvallo Calero, o marabilloso filólogo e gran educador homenaxeado este ano.
Tes todo tipo de material interactivo, descargables e máis recursos, todo isto recollido nunha páxina ben xeitosa e cun formato moi molón.
venres, 25 de outubro de 2019
CONTACONTOS SAMAÍN
En chegando o propio Día das Bibliotecas Escolares baleiramos de mesas e cadeiras a biblioteca escolar para realizar varias sesións de contacontos:
Samaín, de Clara de Saa -> 3º Primaria
A bruxa enrabechada, de Joles Sennell -> 4º Primaria
Logo da sesión de contacontos, entre todos indagamos sobre as diferenzas entre Samaín e Halloween e despedímonos co videoclip "No Samaín", de Brinca Vai.
mércores, 23 de outubro de 2019
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, propuxémoslles aos alumnos de 5º e 6º Primaria xogar a seren bibliotecarios por un día. Organizados en grupos de catro participantes, dos integrantes do grupo tiñan que buscar nos andéis dous libros e anotar a súa signatura e CDU. Os outros dous integrantes do grupo tiñan que buscar na sección de "libros de consulta en sala" aqueles volumes necesarios para realizaren un hipotético proxecto (hockey, os xogos olímpicos na antiga Grecia, Mozart...).
Como conclusión da actividade, segundo nos informa o Mouchiño os rapaces déronse de conta da importancia que ten a ORDE en calquera biblioteca escolar.
luns, 14 de outubro de 2019
luns, 23 de setembro de 2019
AGORA
Transcorridas dúas semanas dende o inicio do curso escolar 2019-2020, queremos darvos a benvida á nosa biblioteca escolar. Partindo do lema deste ano, AGORA, queremos dicirvos que nos aproximamos aos 10.000 volumes rexistrados na biblioteca neste momento.
O curso 2018-2019 trouxo aspectos moi positivos como foron os 5767 libros prestados. Agora, en setembro de 2019, temos como obxectivos superar esa marca e proseguir co crecemento no préstamo de libros nos últimos cursos de Primaria e na ESO.
Continuaremos ofrecendo actividades de dinamización lectora na biblioteca e renovando o noso blog coma nos cursos anteriores e seguiremos facendo da biblioteca un lugar acolledor neste novo ano académico, que presenta novidades no horario lectivo en Infantil e Primaria.
Sen máis dilación, presentámosvos unha serie de novidades que adquirimos dende a biblioteca para o curso que iniciamos.
Un saúdo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







