martes, 3 de novembro de 2015
EL ROBO DEL DIAMANTE GIGANTE
Un día, un amigo de Gerónimo lo llevó a ver un diamante enorme en el Museo. Días más tarde, el diamante ya no estaba en el museo. Más tarde, Gerónimo se puso a buscar pistas sobre el ladrón del diamante gigante. ¿Quién sería el responsable del robo? Leedlo y lo averiguaréis.
(Gonzalo M. d. O., 4º Primaria)
xoves, 22 de outubro de 2015
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares o próximo 24 de outubro, quixemos remarcar no calendario escolar esta data cunha variada oferta de actividades destinadas ao alumnado de Primaria.
A primeira das actividades consistía nunha sesión de contacontos dos libros Soños de andel, de Susana Lamela para 1º e 2º Primaria e do relato "Ser superheroe non é nada doado" pertencente ao libro de Agustín Fernández Paz titulado Contos por palabras .
Logo do contacontos, os rapaces de 1º Primaria colorearon uns debuxos que facían referencia á efeméride sinalada. Os rapaces de 2º, 3º e 4º Primaria elaboraron uns contos colaborativos, de xeito que cada un só podía ler e ver a continuación do compañeiro anterior, seguindo as pautas do cadáver exquisito, dado a coñecer polas poetas surrealistas.
Como broche final, os alumnos de 5º Primaria representaron na biblioteca do centro un rap para a ocasión. Que ben o pasamos!!!!!
venres, 9 de outubro de 2015
READING BOOKS IN ENGLISH LANGUAGE
O Mouchiño recibiu unha agardada visita. Hoxe foi visitado por alumnos de 6º Primaria que leron libros en inglés do noso fondo bibliográfico. Velaquí unhas mostras do seu interese.
mércores, 7 de outubro de 2015
RECOMENDACIÓNS DE LIBROS PARA RAPACES DE PRIMARIA
Logo dun semana intensa, o Mouchiño achégase por estas paraxes para facervos unhas recomendacións de libros. Na biblioteca, o Mouchiño colocou tres currunchos con libros destinados aos primeiros lectores, a rapaces do 2º e do 3º ciclo de Primaria. Esperamos que nos facilite a orientación sobre os libros adecuados a cada etapa educativa.
Por outra banda, esta semana recibimos a primeira visita dos rapaces de 1º ESO para realizaren os Proxectos interdisciplinares. Cada martes avanzarán nos seus respectivos traballos empregando o espazo da biblioteca. Moitos ánimos coas vosas pesquisas e indagacións.
E, por último, tamén puidemos contar coa presenza de alumnos de 2º ESO, que se aproximaron aos misterios da relixión a ritmo de rap. Unha gratificante experiencia ben coordinada polo profesor Manuel! Parabéns aos alumnos polas súas orixinais e exitosas achegas.
luns, 28 de setembro de 2015
UNHA VISITA MOI AGARDADA
Hoxe recibimos unha visita moi agardada na biblioteca. Os alumnos de 1ºPrimaria A obsequiáronnos coa súa presenza: escoitaron atentos o funcionamento da biblioteca e puideron levar libros prestados á súa casa.
A PERSPECTIVA
Este venres o Mouchiño recibiu emocionado a visita dos alumnos de 4ºESO, que procuraron buscar información sobre a perspectiva, para a materia de Educación Plástica e Visual. Como traballaron os rapaces e rapazas de 4º ESO!
Máis información en:
A perspectiva en Proxecto Abalar.
A perspectiva cónica
luns, 21 de setembro de 2015
COMO FUNCIONA A BIBLIOTECA?
Hoxe recibimos unha visita moi agardada e moi especial. O profesor Andrés, co seu séquito de 1º Primaria C, entraron na biblioteca. Unha vez dentro, descubriron libros aptos para a súa idade, o sistema de carnés da biblioteca escolar e outras moitas sorpresas que levaron canda eles. O Mouchiño convidounos a leren moito e a divertirse cos libros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














