xoves, 22 de outubro de 2015
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares o próximo 24 de outubro, quixemos remarcar no calendario escolar esta data cunha variada oferta de actividades destinadas ao alumnado de Primaria.
A primeira das actividades consistía nunha sesión de contacontos dos libros Soños de andel, de Susana Lamela para 1º e 2º Primaria e do relato "Ser superheroe non é nada doado" pertencente ao libro de Agustín Fernández Paz titulado Contos por palabras .
Logo do contacontos, os rapaces de 1º Primaria colorearon uns debuxos que facían referencia á efeméride sinalada. Os rapaces de 2º, 3º e 4º Primaria elaboraron uns contos colaborativos, de xeito que cada un só podía ler e ver a continuación do compañeiro anterior, seguindo as pautas do cadáver exquisito, dado a coñecer polas poetas surrealistas.
Como broche final, os alumnos de 5º Primaria representaron na biblioteca do centro un rap para a ocasión. Que ben o pasamos!!!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario