A nosa semana da biblioteca converteuse practicamente nun mes de traballo para que todas as etapas educativas do centro puidesen gozar dos diferentes talleres que preparamos para festexar o día do libro, baseados no proxecto anual de centro OllArte, convertémonos en artistas sobradamente preparados para crear, aprender e soñar!
Comezamos cos artistas máis miudiños:
Os contacontos para infantil “Soy un artista” de Marta Altés foron
un éxito! (E que este conto é unha delicia, ademais de todos os matices que ten
é realmente gracioso), seguimos cun taller de pintura no que coñecemos e versionamos
aos seguintes artistas.
-Henry Matisse
-Paul Klee
-Piet Mondrian
-Yayoi Kusama
Para a seguinte etapa (primaria) variamos os
contidos dos talleres segundo o ciclo do alumnado:
Os de primeiro ciclo gozaron tamén do
contacontos “Soy un artista” e comezaron un mural colaborativo que se expuxo
nos corredores do centro.
Rematamos a sesión cuns bigotes ao estilo Dalí para inspirarnos e facer a nosa aportación ao mural.
Finalmente co alumnado da ESO continuamos co
muralismo co visionado do vídeo e dando paso a un debate en máis profundidade
entorno ó arte urbano, os graffitis, vandalismo ou forma de expresión?... e
rematamos a sesión coa realización dun collage, onde tiñan que mesturar os
diferentes elementos que lles proporcionamos na creación dun mural no que
xogaran coas texturas e os cores, con sentido estético e con contido, libre e
no que asomase unha intención ou unha mensaxe final.