mércores, 25 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ✨📚

Onte foi o día das bibliotecas👏🏽👏🏽, día de festexos para nós que temos a gran sorte de contar cunha fermosa biblioteca na que pasamos moito tempo gozando de lecturas e xogos.

Na biblio celebramos con Bluey este día! coa proxeción dun capítulo no que xogan as bibliotecas dunha forma semellante o noso traballo diario  no que xurdiu algún problemiña coa curmá Muffin que houbo que arranxar, semellante tamén o noso traballo diario 😂😂

Como agasallo levámonos as aulas uns marcapáxinas para persoalizar e plastificar e tamén houbo dobre punto coas devolución nos nosos carnés!!

Que viva a nosa biblio! 🙌🏽🙌🏽😍😍






luns, 29 de maio de 2023

SEMANAS DA BIBLIO 🌈📓

A nosa semana da biblioteca converteuse  practicamente nun mes de traballo para que todas as etapas educativas do centro puidesen gozar dos diferentes talleres  que preparamos para festexar o día do libro, baseados no proxecto anual de centro OllArte, convertémonos en artistas sobradamente preparados para crear, aprender e soñar!

Comezamos cos artistas máis miudiños:

Os contacontos  para infantil “Soy un artista” de Marta Altés foron un éxito! (E que este conto é unha delicia, ademais de todos os matices que ten é realmente gracioso), seguimos cun taller de pintura no que coñecemos e versionamos aos seguintes artistas.

-Henry Matisse

-Paul Klee

-Piet Mondrian

-Yayoi Kusama

Para a seguinte etapa (primaria) variamos os contidos dos talleres segundo o ciclo do alumnado:

Os de primeiro ciclo gozaron tamén do contacontos “Soy un artista” e comezaron un mural colaborativo que se expuxo nos corredores do centro.


Para o alumnado de segundo e terceiro ciclo a proposta xirou ao redor do muralismo,  coñecemos e debatemos sobre o arte urbano, sobre o muralismo na nosa cidade  e  visionamos un  vídeo sobre as últimas nove edicións do proxecto “Vigo Cidade de Cor”.

Rematamos a sesión cuns bigotes ao estilo Dalí para inspirarnos e facer a nosa aportación ao mural.


Finalmente co alumnado da ESO continuamos co muralismo co visionado do vídeo e dando paso a un debate en máis profundidade entorno ó arte urbano, os graffitis, vandalismo ou forma de expresión?... e rematamos a sesión coa realización dun collage, onde tiñan que mesturar os diferentes elementos que lles proporcionamos na creación dun mural no que xogaran coas texturas e os cores, con sentido estético e con contido, libre e no que asomase unha intención ou unha mensaxe final.


Foron semanas de creatividade e de encontros inspiradores, dende os máis pequenos ata os maiores puxeron o seu gran de cor  na actividade máis intensa da biblio. 

mércores, 26 de abril de 2023

BIBLIOPODCAST CLUB DE LECTURA 📻🔊

Estamos de estrea! o pasado luns no Club de Lectura aproveitamos para xantar tod@s xunt@s, comentamos as receitas do libro de Yolanda Castaño e Andrea Costas “Cociñando ao pé da letra” e gravamos o primeiro Podcast do noso club co novo micro da biblio que... semella fai maxia coas nosas voces e elimina os sons impostores.

Esperamos que gocedes deste podcast! facede click na imaxe para coñecernos un pouquiño mellor 😄😎  

xoves, 23 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA ✒️🧑🏻

Hoxe tivemos micro aberto na biblio na honra de Rosalía de Castro, alumnado e profesorado viñeron "botar uns versos" baixo o lema SE VOS GUSTA A POESÍA FAGAMOS COMA ROSALÍA!



















domingo, 12 de febreiro de 2023

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 🧬🔭

O pasado venres celebramos o 11F cunha dinámica mediante a que descubrimos feitos importantísimos levados a cabo por mulleres máis importantes aínda.







E tivemos a oportunidade de ter a todas as nosas mulleres de ciencias xuntas 💜

xoves, 9 de febreiro de 2023

TALLER DE BANDA DESEÑADA 💥💬

Durante esta semana tivemos ao alumnado de Segundo Ciclo de Primaria facendo un taller de banda deseñada e amosando os seus súper coñecementos sobre A Liga da Xustiza e o universo DC.