mércores, 30 de marzo de 2022

NOVIDADES PRIMAVERAIS 🌻📖

Ao igual ca primavera voltan as novidades a nosa biblio!

E que agradecid@s estamos con esta achega do ANPA do colexio en forma de libriños molóns, libros que chegan para completar coleccións e agromar ilusións!  😊

Pero... que era o que quereriades? 

Ah estupendo! pois podedes dispoñer deles a partir desta semana e mentres botádelle unha ollada ao seguinte vídeo!

Saudiños lectores! 😚

mércores, 23 de marzo de 2022

LEDICIA COSTAS 📚💐

A pasada semana tivemos a sorte de contar  no colexio cunha das nosas escritoras de cabeceira, Ledicia Costas, creadora da marabillosa Señorita Bubble, de Escarlatina, a cociñeira cadáver, A balada dos unicornios, Vampira de biblioteca e  un prolífero etc. 


A autora falounos das personaxes dos seus libros, das súas fontes de inspiración e de cando e como comezou a escribir,  e como unha mala nota nun exame empurrouna a escribir e a publicar o seu primeiro libro.


A Ledicia gústalle comer chocolate, xogar a Nintendo e visitar cemiterios, ficou abraiada cunha boneca que lle regalaran de pequena, unha Nancy Selene que marcaría dun xeito moi claro a súa traxectoria como escritora.

Grazas Ledicia por compartir connosco esas anécdotas e vivencias que de nena, fixéronche ser a muller e a escritora que agora és.

🤍✨💐


mércores, 9 de marzo de 2022

8M na Biblio! 💜💪

Onte foi 8M, día da muller, e durante esta semana na biblioteca  ofreceremos uns ciclos de curtas animadas e faladoiros sobre a orixe e o significado do 8M e do feminismo.

    Mostra de libros de poetisas galegas

    Libros de autoras de "Máis Rosalías" (proxecto de 4° ESO) 

Curtametraxe de Pixar "Purl" 

Curta animada "8 de Marzo Día Internacional de la Mujer" de Draw My Life

"A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano" 

Concepción Arenal