xoves, 22 de decembro de 2022

Nadal na Biblio 🎄✨

Como nos gusta o Nadal! Na biblio xa estamos preparadas para comer polvoróns! 

Bo Nadal e felices festas para tod@s!! 
               

luns, 19 de decembro de 2022

BIBLIOPODCAST MANGA 📻🔊

Moi boas! Hoxe mudamos de formato e presentamos o noso primeiro podcast! Nesta ocasión teño o pracer de falar con Mario, Andrea, Santi, Carlos e Gabriel de 2ºB da ESO sobre cómics manga e descubrir algunhas curiosidades sobre este xénero.

Subide o volume! que imos falar sobre debuxos irresponsables, que é a definición literal da palabra xaponesa manga 😁

ESCOITAR PODCAST 🔊

venres, 25 de novembro de 2022

CONTOS DA RAPAZADA 👧👱👦👧🏿

Unha das actividades máis xeitosas que temos este curso é a de CONTOS DA RAPAZADA na que o alumnado do 3º Ciclo (5º e 6º de Primaria) escollen, preparan e contan un conto aos pequenos e pequenas de Infantil! E xa vos digo que está a ser todo un triunfo porque temos grupos semanais ata que remate o curso e contos a esgalla!

Déixovos fotos e vídeos dos contacontos que fixemos ata o de agora. 😍











 


E colorín colorado este post está rematado!
Vémonos na biblio! 👋😊

sábado, 19 de novembro de 2022

CLUB DE LECTURA 📖⭐

Arrincamos este curso o noso club de lectura de secundaria e este ano non pode vir máis cargado de sorpresas 🧐🤭 e tí pensas que nun club de lectura non facemos máis cousa que ler? Pois estás moi trabucado!

Xa vos contaremos! 💓

luns, 14 de novembro de 2022

O MOUCHIÑO 🦉📙

Recuperamos con moito agarimo a nosa mascota que xa luce na porta da biblio, o Mouchiño está de volta! e xunto con el novos retos e aventuras lectoras! 

📚💓🦉

luns, 24 de outubro de 2022

SAMAÍN 22 🎃

Pero hai algo que nos diverta máis que pasar un pouquiño de medo?

Aquí tedes unha boa dose de medo! e para o alumnado de infantil xa temos preparado contacontos de Samaín, este ano os máis miudiños gozarán deste terrorífico conto!

martes, 11 de outubro de 2022

NOVO CURSO DA BIBLIO! 🙋

Comeza o curso na biblio e non podía ser de mellor maneira que coa visita d@s nov@s lector@s de 1º de Primaria que comezan a súa andaina lectora cos seus novos carnés de socios e os seus primeiros contos na carteira!







Esas cariñas de emoción non teñen prezo!

Vémonos na biblio! 😚

mércores, 13 de xullo de 2022

LECTURAS DE VERÁN 💦🌞

O prometido é débeda! Déixovos por aquí algunhas recomendacións para que os fagades cun libriño amigo para gozar dunha boa lectura estival,  moi boas vacacións a tod@s!

OS NOSO MARES

En Os nosos mares as fermosas ilustracións amósannos a riqueza de vida que agocha o mar galego, invitándonos a esculcalas e coñecer os bosques somerxidos e os diferentes fondos mariños…

IDADE: PRIMEIROS LECTORES


CUENTOS DE VERANO DE LUCÍA, MI PEDIATRA

¡Hola! Soy Lola y aquí estoy de nuevo con mi hermano Toni y nuestra pediatra favorita, Lucía, dándole la bienvenida al verano. 

IDADE: PRIMEIROS LECTORES


NO SOMOS BASURA

Botella imaginaba una vida llena de aventuras. Terminar metida en un cubo amarillo de reciclaje… no le parecía un gran plan. Aunque muchos no saben, que cuando anochece, estos cubos se transforman en lugares mágicos llenos de personajes que bailan, cantan… y sueñan. IDADE: PRIMEIROS LECTORES


CÓSMICO, O BOMBEIRO GALÁCTICO

Cósmico é un bombeiro galáctico que só pensa nas medallas que gañará apagando incendios. Comprenderá a verdadeira importancia de loitar contra o lume? BANDA DESEÑADA (A PARTIR DE 6)



BAIXO O PANTANO

Ángela Curro ofrécenos nesta Banda Deseñada de ciencia ficción, unha aventura nun futuro próximo no que as viaxes no tempo están comercializadas e ao alcance de calquera, pero tamén teñen uns límites que é mellor non cruzar. BANDA DESEÑADA (A PARTIR DE 6)


JIM CURIOUS, VIAJE A TRAVÉS DE LA JUNGLA

Una libélula conduce a Curiosón a través de un espejo mágico hacia una densa jungla. Con su anticuado traje de buceo, admira enormes árboles, enredaderas retorcidas, flores impresionantes y animales salvajes hasta que finalmente se sumerge en aguas desconocidas y pantanosas.

LIBRO 3D - (A PARTIR DE 6)


LA ÚLTIMA SIRENA

La última sirena es una historia fascinante sobre la amistad, la magia del mar, y todo lo que un verano puede cambiar nuestras vidas. IDADE: A PARTIR DE 9


MI DIARIO DE VERANO

Este diario está pensado para que las niñas y los niños puedan escribir de una forma creativa qué les sucede durante cada día de sus vacaciones. Se divertirán escribiendo, ejercitarán su memoria, harán volar su imaginación. Y tendrán un recuerdo para toda la vida. Este libro incluye: • Un diario para que cada día de tu verano apuntes lo que te ha pasado. • Trucos y consejos para imaginar un verano 10. • Días especiales con ejercicios de escritura creativa. • Pasatiempos divertidísimos. • Listas de planes, ideas, libros, videojuegos, canciones... • Rankings de los mejores momentos de tu verano. • Ideas para dibujar, escribir… ¡y vivir! 

IDADE: A PARTIR DE 6

xoves, 30 de xuño de 2022

FEIRA DO LIBRO 2022 💃📖

Mañá dará comezo a feira do libro na nosa cidade e poderedes gozar dunha extensa programación de actividades paralelas como encontros con autores, espectáculos, contacontos etc. Podedes ver toda a programación facendo clic na imaxe! 😁 

xoves, 23 de xuño de 2022

FELICES VACACIÓNS! 🌞🍧

Onte rematou o curso e tod@s estamos moi emocionados co comezo das vacacións! Temos un longo verán por diante que haberá que aproveitar ao máximo posible, algúns de vos viredes ao campamento e seguiremos a mirarnos as caras durante un tempo máis e outr@s estaredes mergullad@s nalgunha piscina ou no mar dunha fermosa praia, pero tod@s gozaremos dun merecido descanso das obrigacións e tarefas. Dentro dese merecido descanso, entre trasnada e trasnada, tratade de atopar tempo para unha boa lectura de verán, unha nova aventura de Stilton, un misterio dos Compas ou algunha argallada de Anna Kadabra ... máis adiante xa vos deixarei por aquí algunhas recomendacións. 

Bo Verán! 

Boas lecturas! 

Atopade un libriño amigo e xa me contaredes.

Ata o curso que ven! Vémonos na biblio! 😊

martes, 31 de maio de 2022

GAÑADOR@S CONCURSO DÍA DO LIBRO!👏👏👏

Por fin temos @s gañador@s do concurso do día do libro! e son @s que seguen:

Na categoría de Educación Infantil, o gañador é Brais Haro Fernández de 4ºB coa súa cuncha de peregrino e temos de agasallo para el unha caixa con material escolar para que siga gozando das manualidades.

No Primeiro Ciclo de Educación Primaria a gañadora  é Elvira Santín Fernández de 2ºA coa mascota “Frechi”.

No Segundo Ciclo de Educación Primaria a gañadora é Sofía Bouzas Bobos coa súa mascota “Pulpigrino”.

E rematamos co Terceiro Ciclo, coas gañadoras do TikTok do camiño, Victoria Pérez Lucchini (5ºC), Ainara Villar Martínez (5ªC) e Carla Lago Darwich (5ºB).

Para todas elas e para as demais gañadoras de Educación Primaria o premio é entradas de cine e flocos de millo!

Grazas a tod@s pola vosa participación e pola vosa creatividade! Parabens para tod@s! 

Vémonos na biblio 😘

luns, 16 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022 🎇💙📔

Feliz día das letras galegas a tod@s! Este ano está dedicado ao poeta de Valdeorras Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) invítovos a festexar este día en galego, ou polo menos, usando as verbas que máis vos gustan.
Podedes comezar cantando esta canción adaptada do poema de Florencio "Aí vén o Maio":

Aí ven o Maio pola porta do xardín,
aí ven o maio de enterrar ao pai Abril,

Aí ven o Maio pola porta da devesa,
hai ven o Maio cos seus brincos de cereixas.

Aí ven o Maio,
Maíño, Maiolo;
na verde camisa
botóns de amorodos;
monteira florida,
a roupa das festas;
e un caraveliño
por riba da orella;

Aí ven o Maio pola porta do soutelo,
aí ven o Maio có seu colete amarelo.

Aí ven o Maio pola porta do valado,
aí ven o Maio co seu traxiño branco.

Aí ven o Maio,
Maíño, Maiolo;
na verde camisa
botóns de amorodos;
peites de silveiras
peitéanlle o cabelo,
anda a namorare
coma un mozo cedo.

Na web primaveradasletras.gal tedes info sobre a súa vida e obra ademais de material e recursos molóns para xogar e pintar.

mércores, 11 de maio de 2022

SEMANA DA BIBLIOTECA ❤📚

 

Este curso a Semana da Biblioteca dedicouse  ao Camiño de Santiago, a biblio converteuse na Catedral e o alumnado peregrinou dende as súas aulas ata chegar ao final do camiño e acadar a Compostela.

O noso alumnado gozou de contacontos, audiovisuais e actividades, os contos Bo camiño Valentiño! e Marosa e Mariña camiñan a Compostela foron os escollidos para as sesións de infantil e primeiro ciclo de primaria, cos máis maiores fixemos un Concurso do Camiño no que tiveron que acumular selos dos albergues para acadar o Certificado do Peregrino.




Doutra banda déixovos unhas fotos dunha mostra do espléndido material que nos chegou para o concurso do día do libro, ao equipo PLEI custounos un mundo elixir aos finalistas e xa non queda nada para coñecer aos gañador@s!









BO CAMIÑO PEREGRIN@s!