Moi boas amiguiñ@s lector@s!
Pois ao fin estou de volta na biblio e co seu fantabuloso blog, e qué ganiñas teño de contarvos cousas! Novidades,
proxectos, actividades ... moito curso temos por diante aínda!
Para
comezar decembro (aínda que vou algo tarde) déixovos un calendario
de advento literario, é moi sinxelo de facer así que animádevos!
Día
1: Relé o inicio do teu libro favorito.Día
2: Pídelle a alguén que che fale dun libro que lle gustase moito.
Día
3: Antes de durmir, le 10 minutos.
Día
4: Pensa nun libro que lle vaias pedir a Papa Noel.
Día
5: Busca algún dato que non coñezas sobre o teu autor ou autora
favorita.
Día
6: Le ou relé unha poesía.
Día
7: Comeza un libro.
Día
8: Ordea un pouco a túa biblioteca persoal.
Día
9: Lee un capítulo solto dun libro.
Día
10: Fala cun amig@ dun cómic.
Día
11: Cambia o tempo de hoxe de TV por tempo de lectura.
Día
12: Pensa no teu conto favorito e en porqué che gusta tanto.
Día
13: Achégate pola biblio e pídeme que che recomende un libro.
Día
14: Pregúntalle a un familiar cal é o seu libro favorito.
Día
15: Visita unha librería.
Día
16: Pensa en que personaxe che gustaría ser por un día.
Día
17: Recomenda un libro a algún amigo ou amiga.
Día
18: Mira unha película baseada nun libro que leras.
Día
19: Dona un libro que xa leras.
Día
20: Agasalla cun libro a alguén que queiras moito.
Día
21: Dedícalle unha frase ou un poema dun libro a alguén especial.
Día
22: Se non che tocou a lotaría pensa que non hai maior riqueza que a
cultura.
Día
23: Le un conto a alguén máis cativo ca ti.
Día
24: Falade do último libro que lestes na cena de nadal.
Día
25: Doces de nadal e libros!