Xa dispoñemos na biblio de exemplares do Faro da
Escola deste curso no que participa o noso alumnado de 4º de Educación Primaria, un
único Faro da Escola para todos os colexios de Vigo, xa que pola crise do Covid non
puidemos rematar os traballos e entregalos como é debido, así que optouse por
publicar unha pequenísima parte das vosas tarefas na casa e insisto no de
pequenísima, porque nunha páxina do diario non se pode reflectir todo o voso
esforzo e ilusión. Parabéns ao alumnado de 4º de Primaria!
martes, 30 de xuño de 2020
mércores, 24 de xuño de 2020
FEIRA DO LIBRO
Moi boas! Mañá comeza a Feira do libro de Galicia! poderedes visitala dende o 25 de xuño ata o 4 de Xullo na rúa do Príncipe, botádelle un ollo a programación porque conta coa participación de importantes figuras da literatura infantil e xuvenil galega, autor@s de cabeceira da nosa biblio como poden ser Ledicia Costas, El Hematocrítico, Anxo Fariña, Elena Gallego, Antonio García Teijeiro ...
Tamén estará asinando a súa nova banda deseñada "A proba de Auga" Anémona de Río, autora do primeiro manga galego!
venres, 19 de xuño de 2020
FIN DO CURSO! 💪🎓🎇
Parabéns amiguiñ@s! Curso superado! Non foi
doada esta situación pero vencémola (ou case) xunto coa axuda e o infinito amor
das vosas familias e o esforzo e o apoio
d@s nos@s querid@s mestr@s! E agora que?
Pois agora temos por diante un fermoso verán para surfear!
Tende un libro amigo que vos acompañe nesta
nova aventura estival que comeza, e se o queredes compartir facendo un video, mandando
un debuxo do voso paisaxe vacacional, enviando algunha foto ou calquera cousa
que se vos ocurra para compartir no blog ... nin o dubidedes! Podédelo enviar a
bibliomaristasvigo@gmail.com
e publicoo no blog chea de orgullo!
Deséxovos que gocedes do verán con ilusión, moitas
gañas e un pouquiño de cautela tamén!
Saudiños, bicos e achuchóns lectores e
virtuais! 😚
luns, 15 de xuño de 2020
CADERNOS DE ACTIVIDADES (MOLÓNS) PARA O VERÁN
Ola rapazada! Estamos a piques de rematar o
curso e con máis ganas de vacacións de verán que nunca ¿non si?, nesta entrada
vouvos deixar unhas recomendacións de libros e cadernos de actividades alternativos aos cadernos
tradicionais de repaso, libros molóns e sobre todo moi divertidos!
Para os máis cativos:
“El libro de los garabatos” de KóKINOS, un
libro para fomentar a creatividade con propostas estimulantes para completar
con debuxos, pinturas, collages...
“Juego y me conozco” é unha colección de contos
creados pola recoñecida psicóloga e pedagoga francesa Isabelle Filliozat onde a
través das súas actividades e propostas ademáis de pasar un rato boísimo coñecemos, identificamos e traballamos
as nosas emocións.
A partir de 7 anos temos estas fermosuras
“Cuentos a medias” da editora Tierra de Mu destinados a autor@s intrépid@s que axuden a rematar de escribir e ilustrar estes
contos.
"Cuadernito de escritura divertida" de Blakie
Little, Con propostas tan xeniais como as seguintes:
Saca o
teu lápiz e imaxina: Que
entrevistas a un piollo, o restaurante máis asqueroso do mundo, que eres o
amigo dun robot, un examen no que estás obrigad@ a sacar un cero…
"No te aburras nunca más" un antídoto contra o aburrimento cheo de xogos, adiviñas, xeroglíficos... e "Crea tus propios cómics" ideal para @s que queren aprender a debuxar e escribir as súas propias historietas. Ambos da editorial Usborne.
Resulta que unha tal Aleksandra Mizielinska ten uns libros superchulos que son un Atlas do Mundo e un que se chama "Debaixo da terra, debaixo do auga" e resulta tamén que destes libros, que son uns tesouros de bonitos que son, pois sairon uns de actividades:
"Debajo de la tierra"⇨ Deseña unha
mina de carbón, excava un túnel a través dunha montaña, completa un esqueleto
de dinosauro ou visita unha cidade subterránea.
"Debajo del mar"⇨ Aprende a
linguaxe dos buceadores, deseña un submarino, rescata un tesouro no fondo do
mar e enfróntate aos tentáculos dun calamar colosal.
E para os menos cativos (3º ciclo en adiante) temos estas marabillas: "Laboratorio portátil de escritura"(TTT), "El mundo imaginario" de Keri Smith creadora de "Destroza este diario" (Paidós), "El Collage de tu vida"(MTM), "Todo empieza aquí"(Plaza & Janés) e "Koob, el libro al revés"(Planeta). Diarios creativos, diarios para coñecernos mellor, libros para expresarnos a través de composicións e libros que presentan retos a nosa capacidade de imaxinar.
Saudiños lectores! 😚
xoves, 11 de xuño de 2020
O SUPERPODER MÁIS IMPORTANTE
O aclamado historietista galego David Rubín creou este pequeno cómic (unha historia de Superman, Krypto e a túa veciña) un agasallo ambientado nestes estraños momentos que estamos
a vivir. Unha homenaxe e unha reflexión moi necesarias.
Podedes lelo facendo click na imaxe e se tedes sorte conseguilo de balde nalgunha tenda de cómics ou librería. Que o gocedes!
martes, 9 de xuño de 2020
AMAR E FICHAS DE ACTIVIDADES
Bo día pequen@s grandes lector@s! Hoxe tráiovos un libro excepcional por
xentileza da editorial Palabras Aladas, responsable do fabuloso Emocionario, e nesta mesma liña teñen
o libro ilustrado AMAR que describe dun modo sinxelo corenta actitudes, valores
e comportamentos que enchen de contido a verba AMAR.
Facede click na imaxe para descargar o libro e no texto de abaixo para descargar as fichas de actividades sobre o libro.
luns, 1 de xuño de 2020
PREMIOS ÓS MÁIS LECTORES 🏆
Comeza Xuño e case remata o curso, un remate
distanciado polas circunstancias “coronavíricas” nas que nos atopamos pero... estas
circunstancias non nos van a impedir seguir comunicándonos, lendo e festexando,
así pois, aí van as finalistas e as
premiadas como clase máis lectora e alumna máis lectora do curso.
CURSOS MÁIS LECTORES:
1º → 1ºC de Primaria (284 libros prestados)
2º → 2ºB de Primaria (273 libros prestados)
3º → 1ºB de Primaria (266 libros prestados)
ALUMN@S MÁIS
LECTOR@S:
1º → Mía Barca Jaso de 1ºC de Primaria (89 libros prestados)
2º → Hugo Pereira Gómez de 1ºB de Primaria (68 libros prestados)
3º → Sofía Bouzas Bobos de 2ºC de Primaria (42 libros prestados)
(Datos fornecidos pola aplicación de bibliotecas escolares Abies para o curso 2019-2020)
Parabéns aos premiados e aos finalistas!
Seguide lendo así de ben xa que os premios que levaredes son moito máis
importantes e gratificantes que os que nós vos poidamos ofrecer e, polo momento, aquí tendes os vosos
merecidísimos diplomas acreditativos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)