venres, 25 de outubro de 2019

CONTACONTOS SAMAÍN

En chegando o propio Día das Bibliotecas Escolares baleiramos de mesas e cadeiras a biblioteca escolar para realizar varias sesións de contacontos:

Samaín, de Clara de Saa -> 3º Primaria

A bruxa enrabechada, de Joles Sennell -> 4º Primaria


Logo da sesión de contacontos, entre todos indagamos sobre as diferenzas entre Samaín e Halloween e despedímonos co videoclip "No Samaín", de Brinca Vai.


mércores, 23 de outubro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, propuxémoslles aos alumnos de 5º e 6º Primaria xogar a seren bibliotecarios por un día. Organizados en grupos de catro participantes, dos integrantes do grupo tiñan que buscar nos andéis dous libros e anotar a súa signatura e CDU. Os outros dous integrantes do grupo tiñan que buscar na sección de "libros de consulta en sala" aqueles volumes necesarios para realizaren un hipotético proxecto (hockey, os xogos olímpicos na antiga Grecia, Mozart...).

Como conclusión da actividade, segundo nos informa o Mouchiño os rapaces déronse de conta da importancia que ten a ORDE en calquera biblioteca escolar.

luns, 23 de setembro de 2019

AGORA

Transcorridas dúas semanas dende o inicio do curso escolar 2019-2020, queremos darvos a benvida á nosa biblioteca escolar. Partindo do lema deste ano, AGORA, queremos dicirvos que nos aproximamos aos 10.000 volumes rexistrados na biblioteca neste momento.

O curso 2018-2019 trouxo aspectos moi positivos como foron os 5767 libros prestados. Agora, en setembro de 2019, temos como obxectivos superar esa marca e proseguir co crecemento no préstamo de libros nos últimos cursos de Primaria e na ESO.

Continuaremos ofrecendo actividades de dinamización lectora na biblioteca e renovando o noso blog coma nos cursos anteriores e seguiremos facendo da biblioteca un lugar acolledor neste novo ano académico, que presenta novidades no horario lectivo en Infantil e Primaria.

Sen máis dilación, presentámosvos unha serie de novidades que adquirimos dende a biblioteca para o curso que iniciamos.


Un saúdo

martes, 18 de xuño de 2019

ENTREGA DE PREMIOS

Asistimos a última semana de curso e chega a ansiada entrega de premios aos máis lectores. Desta volta os galardoados foron:

CATEGORÍA A: 1º e 2º Primaria 

Clase máis lectora: 2ºA

Alumna máis lectora: Sofía B. B. (1ºC)


CATEGORÍA B: 3º a 6º Primaria
Clase máis lectora: 4ºB

Alumna máis lectora: Zoe A. M. (5ºA)


Agradecemos a boa acollida que lle dispensades á biblioteca. De feito, este curso superamos os 5759 libros prestados -a mellor marca nos últimos cinco cursos académicos- cun importante aumento de préstamos en 4º Primaria, 5º Primaria e na ESO; polo contrario, en 6º Primaria mantivéronse os préstamos obtidos no último curso académico. 

mércores, 24 de abril de 2019

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA

Coincidindo co Día do Libro, celebramos a Semana Temática da Biblioteca, dedicada nesta ocasión á cultura oriental. Con este proxecto, estamos creando origamis co alumnado de 1º e 2º Primaria; os rapaces de Infantil verán unha obra de teatro con sombras chinesas e, finalmente, os rapaces de 2º e 3º ciclo de Primaria realizarán haikus para a ocasión para logo recitárllelos aos seus compañeiros.
 

xoves, 4 de abril de 2019

RESULTADOS KAHOOT "SEMANA DO CÓMIC"

KAHOOT "SEMANA DO CÓMIC"

1ºCICLO DE PRIMARIA

1. 2ºA  (10 respostas acertadas): 12202 puntos

2. 1ºB (10 respostas acertadas): 12006 puntos

3. 1ºC (10 respostas acertadas): 11974 puntos

4. 2ºC (9 respostas acertadas): 9561 puntos

5. 2ºB (9 respostas acertadas): 8506 puntos


2º E 3º CICLO DE PRIMARIA

1. 4ºB (12 respostas): 14838 puntos

2. 5ºB (12 respostas): 14656 puntos

3. 6ºC (12 respostas): 14347 puntos

4. 6ºB (11 respostas): 12916 puntos




martes, 2 de abril de 2019

SEMANA DO CÓMIC (II)

Proseguimos coa Semana do Cómic. Esta mañá tivemos a fortuna de ter como convidados aos alumnos de 1º Primaria A. Logo dunha rápida explicación acerca dos elementos básicos do comic, os rapaces e rapaces deste curso tiveron uns minutos de lectura silenciosa para realizar a posterior de maneira cooperativa uns quiz baseados nos cómics dos Bolechas.


Aquí vos deixo unha imaxe das preguntas que tiveron que resolver:


luns, 1 de abril de 2019

venres, 29 de marzo de 2019

QUIZ "JUNIE B. JONES PELUQUERA"

Para as lectoras máis entusiastas da colección de Junie B. Jones, déixovos aquí un QUIZ para que vos animedes a facelo.

SEMANA DO CÓMIC EN GALEGO

Avanzado o segundo trimestre, chegamos a unha cita imprescindible no colexio, a Semana do Cómic en Galego. Nesta ocasión celebrarase do 1 ao 12 de abril, xusto antes da Semana Santa. Espero que acollades esta semana coma nos cursos anteriores.


venres, 22 de marzo de 2019

A RECONQUISTA DE VIGO

Con motivo da celebración da Festa da Reconquista na nosa cidade, déixovos un quiz de preguntas sobre o libro "A Reconquista de Vigo", colección Os Bolechas, escrita por Pepe Carreiro.

 

xoves, 7 de marzo de 2019

ACTIVIDADES ENTROIDO: O PASAPALABRA

A piques de dar por concluído o entroido, subimos ao blog un pasapalabra que realizamos con motivo desta festa tradicional para os alumnos de 5º e 6º Primaria. Por grupos, os rapaces tiñan que buscar as respostas ás distintas preguntas formuladas coa axuda de libros, fotocopias e outro material complementario.

 

xoves, 28 de febreiro de 2019

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

Ao tempo que os distintos grupos de Primaria preparando o sempre ilusionante festival do Entroido, dende a biblioteca escolar quixemos poñer un gran de area a estas celebracións. Con este obxectivo, preparando como reto aos rapaces de 1º a 4º Primaria descubrir o nome de máscaras típicas do Entroido tradicional de Galicia.

Para levar a cabo a actividade dividimos os rapaces en seis ou cinco grupos de catro. Viron un vídeo previo a modo de introdución, e logo tiveron que buscar os nomes das máscaras apoiándose nas fotocopias preparadas para a ocasión.

Os rapaces de 1º Primaria únicamente tiveron que buscar o nome de 4 máscaras ao azar entre as quince seleccionadas; os de 2º Primaria tiveron que atopar o nome de 10 máscaras; e finalmente, os de 3º e 4º Primaria indagaron o nome das 15 máscaras.

martes, 19 de febreiro de 2019

ENTROIDEMOS!

Cando xa falta pouco para a chegada do Entroido, desde a biblioteca escolar xa nos estamos a preparar para a ocasión. Velaí unha pequeña mostra

xoves, 14 de febreiro de 2019

SELECCIÓN DE LIBROS SOBRE O AMOR

Aproveitando a efeméride do Día dos Namorados, quixemos facer unha breve selección de volumes que cantan ao amor.

MARCOS CALVEIRO

Hoxe, 14 de febrero, recibimos a visita do escritor Marcos Calveiro quen nos presentou unhas diapositivas para contextualizar a estado actual da contaminación e do lixo no mundo, motivo central do seu libro Unha casiña branca

 
Os rapaces de 4º Primaria, atentos, escoitaron a voz do escritor vilagarcián e viron as duras imaxes sobre a contaminación do planeta. Logo chegou a quenda das preguntas continuas e, como obsequio final, asinou varios exemplares das súas obras.


Moitísimas grazas, Marcos.

mércores, 16 de xaneiro de 2019

MARCOS CALVEIRO

Os alumnos de 4º Primaria recibirán no colexio a visita do autor Marcos Calveiro. Estamos traballando coa mente posta na súa chegada.