Para resaltar a importancia desta data tan especial e importante para a infancia, desde a biblioteca escolar realizamos una sesión de contacontos do libro O neno sen nome, da colección "Os Dereitos do Neno e da Nena" (Baía Edicións)
Logo do contacontos, cada clase de 1º Primaria (A, B, C) realizará un mural conmemorativo que decorarán con cores mentres que a clase de 2º Primaria que conteña a mesma letra aportarán texto dos distintos artigos da Declaración dos Dereitos do Neno.
Para unha mellor comprensión da data significativa que celebramos, proxectamos na biblioteca un vídeo divulgativo dos dereitos do neno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario