xoves, 6 de abril de 2017

ESTATÍSTICAS 2º TRIMESTRE

Case finalizado o segundo trimestre, estimamos oportuno fixarnos nas estatísticas máis sobranceiras dende o comezo do curso ata o 6 de abril de 2017 en comparación co mesmo período do curso anterior. Velaquí algunhas notas a ter en conta

* Aumento de préstamo de libros neste curso 2016/2017. Fronte aos 3996 do curso anterior, a esta altura do curso levamos prestados 4255 libros, o que supón un aumento de 259 libros. 

*Crecemento de lectores no 1º ciclo de Primaria. Os alumnos de 1º Primaria leron 453 libros máis có ano pasado (1722 fronte a 1269)e os de 2º Primaria, 182 libros máis (963 fronte a 781). 

*Diminución de lectores no 2º ciclo de Primaria. Houbo una caída significativa de lectores en 3º Primaria (-40 libros prestados) e máis acusada en 4º Primaria (-409 libros prestados). En total, 987 libros prestados neste ciclo fronte aos 1436 do curso anterior.Paradoxalmente, o rapaz máis lector do colexio (atendendo ás estatísticas do programa Abies 2.0) cursa 3º Primaria.


*Lixeiro aumento de libros prestados no 3º ciclo de Primaria. Constatamos un aumento de +69 libros prestados (475 fronte a 406), grazas ao impulso dos alumnos de 5º Primaria (+133 libros; 386 fronte a 253) e unha lixeira caída de lectores en 6º Primaria (-64 libros; 89 fronte a 153).


*Esperanzadora subida de préstamos de libros na etapa Secundaria. Percibimos un tímido aumento de préstamo de libros en ESO (+43 libros; 80 fronte a 37), impulsado polos alumnos de 1º ESO B (53 libros prestados fronte aos 12 do curso pasado)









Ningún comentario:

Publicar un comentario