xoves, 20 de abril de 2017

"Cómo se dibuja un gato" - Gloria Fuertes

Para celebrar a efeméride do nacemento da escritora Gloria Fuertes, os rapaces de Infantil visitaron (algúns o farán a próxima semana) a biblioteca, contámoslles algunhas curiosidades da poetisa e finalmente, debuxaron un gato tal como o indica a poeta madrileña no seu poema "Como se dibuja un gato".



WEBS DE REFERENCIA SOBRE GLORIA FUERTES

 * La poesía invisible de Gloria Fuertes (RTVE):
 

* Cervantes Virtual: Gloria Fuertes

*Cervantes Virtual: Fonoteca, de Gloria Fuertes:  

* Biografía de Gloria Fuertes: 

* Gloria Fuertes, una poesía mayor de edad: 
 in EL PAÍS, 23 de febrero de 2017.

martes, 18 de abril de 2017

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA: O INICIO

Volvemos das vacacións da Semana Santa coas baterías ben cargadas. Ao longo da mañá de hoxe pasaron pola biblioteca alumnos de 6ºB e 6ºC de Primaria co gallo de homenaxear á inconfundible poeta Gloria Fuertes, a quen lle dedicamos este ano a Semana Temática da Biblioteca.




Os alumnos de 6ºPrimaria informáronse sobre algún aspectos da vida e obra da poeta madrileña, logo crearon uns caligramas coa imaxe de Gloria Fuertes e finalmente realizaron un Kahoot con preguntas sobre a autora.


venres, 7 de abril de 2017

SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA

A piques de rematar o segundo trimestre, o Mouchiño quere agradecervos a vosa colaboración e o voso seguimento a este blog (xa superamos as 4.000 visitas). Logo das vacacións de Semana Santa, entre o 18 e o o 28 de abril volveremos coas pilas cargadas para celebrármonos a Semana Temática da Biblioteca, dedicada este ano á figura de Gloria Fuertes no centenario do nacemento da poeta madrileña.

FELIZ SEMANA SANTA A TODOS VÓS.

xoves, 6 de abril de 2017

ESTATÍSTICAS 2º TRIMESTRE

Case finalizado o segundo trimestre, estimamos oportuno fixarnos nas estatísticas máis sobranceiras dende o comezo do curso ata o 6 de abril de 2017 en comparación co mesmo período do curso anterior. Velaquí algunhas notas a ter en conta

* Aumento de préstamo de libros neste curso 2016/2017. Fronte aos 3996 do curso anterior, a esta altura do curso levamos prestados 4255 libros, o que supón un aumento de 259 libros. 

*Crecemento de lectores no 1º ciclo de Primaria. Os alumnos de 1º Primaria leron 453 libros máis có ano pasado (1722 fronte a 1269)e os de 2º Primaria, 182 libros máis (963 fronte a 781). 

*Diminución de lectores no 2º ciclo de Primaria. Houbo una caída significativa de lectores en 3º Primaria (-40 libros prestados) e máis acusada en 4º Primaria (-409 libros prestados). En total, 987 libros prestados neste ciclo fronte aos 1436 do curso anterior.Paradoxalmente, o rapaz máis lector do colexio (atendendo ás estatísticas do programa Abies 2.0) cursa 3º Primaria.


*Lixeiro aumento de libros prestados no 3º ciclo de Primaria. Constatamos un aumento de +69 libros prestados (475 fronte a 406), grazas ao impulso dos alumnos de 5º Primaria (+133 libros; 386 fronte a 253) e unha lixeira caída de lectores en 6º Primaria (-64 libros; 89 fronte a 153).


*Esperanzadora subida de préstamos de libros na etapa Secundaria. Percibimos un tímido aumento de préstamo de libros en ESO (+43 libros; 80 fronte a 37), impulsado polos alumnos de 1º ESO B (53 libros prestados fronte aos 12 do curso pasado)









luns, 3 de abril de 2017

GALARDÓNS 2º TRIMESTRE

En acabando o segundo trimestre, chega o momento de entregar os premios trimestrais. Velaquí a relación de galardonados


Premio á clase máis lectora: 1ºB

Alumno máis lector: Hugo L. V. (3ºC)

Quiz "Astérix e Obélix": Alejandra L. e Gonzalo R. S. (6ºA)

Quiz "Os Bolechas": Xián C. e María C. M (3ºC)

Os nosos parabéns aos gañadores