Ao longo da mañá de hoxe recibimos a visita dos rapaces de 2º ESO A, B e C. Os rapaces viñeron co seu profesor da materia optativa "Investigación e tratamento da información". Unha vez situados na biblioteca explícamoslles conceptos coma a
CDU, o
ISBN, e a organización das bibliotecas escolares.
Rematada a explicación teórica, propuxémoslles aos rapaces tres cuestións:
a) citar os seus cinco libros favoritos
b)valorar o seu interese polos clubes de lectura
c) Recolleita de ideas para mellorar e/ou cambiar a imaxe da biblioteca escolar
Con respecto á lista de libros favoritos, velaquí vos escribo os máis interesantes a xuízo dos nosos escolares de Secundaria:
1. John Green. Bajo la misma estrella. Nube de Tinta.
2. John Green: Ciudades de papel. Editorial Nube de Tinta
3.Verónica Roth: Trilogía Divergente, Insurgente, Leal.
4.Isaac Palmiola: colección Secret Academy.
5.Enid Blyton: Las torres de Malory.
O funcionamento dos
clubes de lectura é comprendido pola inmensa maioría dos rapaces de 2º ESO, máis poucos afirmaron ter participado nalgún clube de lectura. Con todo, uns poucos rapaces mostráronse interesados en participar nel. Unha idea que o Mouchiño apuntou na súa axenda para facela realidade.
A última das preguntas consistía en deixar por escrito algunhas propostas de mellora para a biblioteca escolar. Entre as propostas máis construtivas, cómpre destacar as seguintes:
- Unha maior presenza da tecnoloxía e, en particular, dos libros electrónicos e tablets.
- Un horario máis amplo da biblioteca escolar nos meses de setembro e xuño.
Moitas grazas a todos vós pola participación e sinceridade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario